Desconectar para reconectar

9 / 8 / 2016 |

Razóns polas que ti, eu e todos os meus compañeiros/as deberíamos desconectar de cando en vez. Porque todos/as necesitamos cambiar os nosos escenarios (aínda que só sexan os mentais, os da imaxinación, non é imprescindible viaxar) e porque é a única maneira de seguir aprendendo en esta vida. Isto é un deica logo, non vos dará tempo a botarme de menos!

Mesmo aínda que non poidas irte a ningún sitio, aínda que nin tan sequera teñas a oportunidade de collerte uns días ou non teñas traballo e non poidas deixar de buscalo porque non tes opción. Con nenos, sen nenos, en parella, en solitario, sexa como sexa… cambia de chip. Un mes, unha semana, un día, unhas horas… Sexa o tempo que sexa e como sexa, pero tómate un respiro da túa vida para vivir.

Nós marchamos, ou nos quedamos, non o teño moi claro (bueno, sí, coas maletas a medio facer vai ser que nos marchamos) pero, vou tratar de desconectar para reconectar durante uns días. Xa que non podo desconectar completamente do traballo (é o que ten ser autónoma), alomenos sí o farei un pouco da web. Estou segura de que me entendes, ¿verdade?

A miña situación nas últimas semanas era a seguinte: unha nai destrozada que trataba de sacar forzas de fraqueza ás 0.30 da noite, despois de conseguir que os peques se durman e cear para actualizar a web. Ou iso ou intentar madrugar para sacar un par de horas pola mañá ou deixar ao papá do revés un par de horas xogando e paseando cos peques mentres intento buscar información e inspiración. Conclusión, ao final síntome mal porque non podo aproveitar o verán para desfrutar con eles e me sinto mal porque non teño tempo suficiente para que as miñas publicacións estean tan coidadas como o están sempre.

Contába o outro día en Instagram, as miñas mañás de traballo en verano acaban convertíndose en unha mestura entre unha apretada axenda e construccións con kapla e iso, por moi bo que sexa para desenvolver o pensamento lateral e a creatividade (que o é) merece unha pausa.

Quero ser feliz, quero que os meus fillos o sexan e, a ser posible, axudar a que as miñas lectoras/es tamén o sexan así que, xa sabes. Para ser feliz, toma decisións e a miña foi parar un par de semanas. Estou máis que segura de que iso servirá para que volva con moita máis forza e enerxía e mellores contidos, ademáis de para que consiga manter un fío da cordura que aínda me queda, claro. Tratarei de actualizar a axenda e mantereime todo o activa que poida en redes sociais (sabes que as miñas preferidas son facebook e Instagram, ¿verdade?).

Máis motivos para parar? Porque aburrirse é fundamental e a min nom me deixan (lembra que cho contaba en este post) e porque aos finlandeses lles está funcionando co seu sistema educativo, eliminaron ou reduciron as tarefas que tiña o alumnado para realizar na casa conseguindo nenos/as máis felices e, xa de paso, máis produtivos ( contábacho o outro día en facebook compartindo este vídeo de Michael Moore), así que, imos multiplicar a felicidade e a creatividade!

Vémonos á volta, espero que moito máis reconectada, máis inspirada e moito máis felices todas/os. ¡Ah, esquecíame, tamén irei tomando notas de recomendacións para viaxes en familia porque nos imos a Portugal!

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Este non é outro post sobre disfraces de Halloween

Faltan tres días e xa chega o momento d@s rezagad@s. Estas semanas vin blogs que compartían máis fotos e ideas de disfraces dos que ningún ser vivo podería facerse ao longo de toda a súa vida así que, non! Eu planteime, eu non farei un post con propostas de manualidades e disfraces de Halloween/Samaín. Se queres un, asegúroche que non terás dificultades para atopalo.

Queres aprender emocionándote?

As emocións sempre tan presentes, nos guían pola vida desde pequeniños e, sen embargo, seguen sendo as grandes esquecidas na nosa educación. Tranqui, nunca é tarde para aprender e desfrutar, aquí chega a II Edición do Foro Emociona!

Aprender da natureza

O ceo, a terra, os animais e moi pocos límites pero moi claros (todos relacionados coa seguridade), en este escenario e coa premisa de fomentar o xogo libre e a aprendizaxe na natureza nace a escola bosque Amadahi. Invitámoste a coñecela.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.