De que falamos cando falamos de inclusión?

2 / 7 / 2015 |

Aquí os dejamos nuestra primera colaboración con el proyecto Gestionando Hijos que, a pesar del nombre poco afortunado, es un encuentro entre madres, padres y educadores bien bonito que se celebra este sábado en Barcelona.

Ola, o meu nome é Sonia, son muller, nai, comunicadora e loitadora e, como dicía a canción “soy rebelde porque el mundo me ha hecho así”. Sí, esquecédevos, ninguén ou case ninguén loita ou protesta porque si, sempre hai un motivo. Hoxe asomo a esta ventá para invitarvos a reflexionar , se tan só consigo iso, xa me darei por satisfeita.

Para iso convídovos a seguirme nunha experiencia, propóñovos un claro exercicio de empatía para que intentedes situarvos no lugar do outro. Imaxinade que chegades a un país no que sodes o único ou a única que pode ver. Todo está pensado para persoas cegas, polo que non hai bombillas, nin carteis indicadores, nin luz artificial de ningún tipo, nin libros impresos con letras. Resultaríavos imposible realizar ningún trámite administrativo sen pedir axuda (presupoñendo que non coñezades o braille) nin tan sequera poderíades mercar no supermercado sen preguntar a alguén que pon nas etiquetas, por exemplo. Cuestións tan cotiás e que nos parecen agora tan sinxelas como esa se convertirían en retos ás veces  case insuperables, moito más se non vos atopades coa axuda, o apoio de algún bo samaritano ou samaritana.

Se conseguistes superar este exercicio, noraboa, tedes medio camiño andado para poder entender minimamente o que lles sucede a nenos e nenas como á miña filla día a día no parque, no médico ou no cole. Pequenos e pequenas con dificultades ás veces moi importantes para ver, para oír ou entender e procesar o que sucede ao seu arredor e que moi poucas veces se atopan cunha realidade adaptada a eles e elas ou, cando menos, coa predisposición para achegarse ao seu mundo.

Estou segura de que alguns de vós a estas alturas no fondo da vosa cabeciña teredes pensado (porque somos humanos e os preconceptos, as etiquetas, son difíciles de eliminar dun día para outro) “si, eses pobres nenos se merecen axuda, pero non quero que iso perxudique aos meus fillos nin retrase os seus progresos no cole”. Ben, eu fago o esfuerzo, trato de poñerme no voso lugar e entendervos e ás veces o consigo, eu tamén teño un fillo ao que chamaríades “normal”, pero a experiencia e esa vida, ese mundo que me fixo un pouco rebelde, ensinoume varias cousas, que eses nenos non necesitan axuda, senón igualdade e que a inclusión é un dos mellores valores que se puoden inculcar aos nosos fillos, a TODOS ELES no cole, na casa, na vida.Porque só entre todos e todas poderemos construír un mundo no que todos e todas cabemos. Porque os nosos fillos poderían ter cinco carreiras universitarias e ser seres mezquinos e infelices. Porque o nivel de desenvolvemento dunha sociedade e das súas institucións se pode medir perfectamente pola súa forma de incluír ou excluír ás persoas con diversidade funcional. Porque todos e todas podemos aprender moito dos demais. Porque todos e todas temos as nosas limitacións, tampouco o esquezamos.Porque eses “pobres nenos” non teñen nada de pobres e, ao contrario, soen ser exemplos de loita de vida, nalgúns casos desde e seu nacemento e non podemos permitirnos perder ese impulso.

A nosa sociedade non se pode permitir o luxo de prescindir do potencial de seres humanos como a miña filla, ou como Arturo, ou Erik, ou Lucía, ou Martín, ou Iker, ou Héctor, ou Mateo, ou Gloria, ou Helena… ou tantos tantos nenos incribles que moitas veces se atopan con que a inclusión é só unha palabra, un soño. Pero no nos esquezamos que, entre todas e todos, los soños poden facerse realidade.

Publicado o martes, 30 de xuño, en Gestionando Hijos. Podedes informarvos aquí sobre esta bonita iniciativa que aúna a educadores/as e expertos con pais e nais para profundizar no arte de educar con amor e intelixencia. A súa próxima cita é este sábado, 4 en Barcelona.

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Balance do primeiro ano do revés ou 2015 GRAZAS

Amor, ilusión, traballo, horas roubadas ao sono, carreiras de un lado a outro… Como resumir o meu primeiro ano do revés cando aínda non cumprimos ni un ano? Pois con un enorme GRAZAS e unha promesa, en 2016 seremos mellores, cambiaremos sempre para mellorar e poremos aínda máis ilusión e esforzo en todo para ti por ser ti 🙂

Oito claves para elexir un libro para un bebé

Dende o berce e sen descanso a ser posible, así deberíamos permitir que a lectura e a literatura estivesen preto dos nosos fillos. Hoxe tráioche algunhas claves para achegarlles os libros desde bebés e tamén algunhas ideas que podes aplicar en casa. A nós nos resultáronnos útiles e na súa mayoría son ideas que poden funcionar en amplos perfiles de peques para espertar o amor polos libros desde pequeniños.

Un centro de inglés con moita vida en A Coruña

Unha escola viva, na que os libros non son os protagonistas, senón os sorrisos. Un centro no que aprender inglés se convirte en unha actividade divertida a través da motivación, de actividades, do autocoñecemento e do desenvolvemento das habilidades comunicativas e emprendedoras dos/as nenos/as. Benvidos a Do Something School, un centro de inglés con moita vida en A Coruña.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.