De cmo me convertín en ponente de Malasmadres

2 / 6 / 2016 |

Se es nais (ou mesmo nai), vives en España e te moves un pouco no mundo online e as redes sociais TES que coñecer ás Malasmadres. Arráncannos sorrisos de complicidade día tras día, fannos reflexionar e enarbolan reivindicacións tan importantes como a conciliación real. Celebran o evento do ano o 10 de xuño e eu serei unha das poñentes.

Pois sí, tal e como o oen-len, aquí a menda, blogger, emprendedora con unha pequena gran empresa de asesoría de comunicación especializada no sector infantil marcha ao evento das Madres 3.0 de Malasmadres como ponente. Que como foi? A verdade é que eu mesma aínda non o teño moi claro!!

A estas alturas da película, estou bastante segura de que a maioría xa coñecedes ás Malasmadres. O club que despegou da man de Laura Baena hai xa uns anos nos arranca sorrisos cómplices a diario con escenas e reflexións nas que nos vemos todas reflexadas de unha ou outra forma. Achéganos unha visión da maternidade real na que non existen as nais perfectas que cociñan mentres planchan e se esquecen da súa vida anterior desde o momento en que se quedan embarazadas. O club tamén nos fai reflexionar e reivindica cuestións tan importantes para todas as nais e pais do revés como a CONCILIACIÓN.

Imaxino que ademáis de ter oído e leído moito sobre o seu club saberedes que organizan tamén eventos, que digo? ¡eventazos! O máis esperado, como sempre, La Party e o encontro de Madres 3.0 e madres blogueras en colaboración coa revista Yo Dona. Unha xornada moi intensa con ponencias e mesas redondas para todos os gustos na que terei o honor de participar o próximo 10 de xuño falando sobre como me tedes axudado entre todas/os a poñer o mundo ao revés, o meu labor e amor en redes sociais e, por suposto, o meu traballo como asesora de comunicación especializada en empresas do sector infantil.

Ponentes en el encuentro de Malasmadres y Yo Dona

Elencazo de ponentes en el encuentro Madres 3.0 de Malasmadres y YoDona

Déixovos o link con toda a información do evento. En él estarán ponentes de ámbito moi variado, pero todas elas xente á que me encantará coñecer e escoitar. Moitas xa vos sonarán de algo, como Mar Ramos de Hello Creatividad, Mónica Diago de Kiva Magazine, Silvia, de Cenas Adivina, ou Carol Botín de Hadas y Cuscús e Con mirada de madre.

Será unha oportunidade xenial para seguir poñendo o mundo ao revés que boa falta nos fai e, por suposto, empezarei a miña intervención dando as GRAZAS a todas as persoas que me votaron porque (creo que aínda non cho dixera) se vou a esa mesa redonda é grazas a todas as persoas que me votaron no perfil de Malasmadres en Instagram para que o conseguira. Sen elas non sería posible nada de isto.

Omundoaoreves en el evento de Malasmadres

Publicación de instagram anunciando la ponente elegida por las malasmadres

GRAZAS infinitas a todas/os os/as que me ledes, que, afortunadamente, cada día sodes, somos máis. Seguirei traballando para mellorar a web e, por suposto, para que a miña empresa de comunicación avance. Espero non deixar só a pel no intento pero, se é así, dareina por ben empregada!!

Grazas ás bloggers de BlogGal polo seu apoio e difusión e, señoras, señores, prometo crónica do que viva no evento madrileño das MalasMadres o próximo 10 de xuño de La Party quizais non dea tantos detalles que a noche me confunde e as malasmadres nos liamos fácilmente, tú sabes 😉

E agora, se me permites un toque de frivolidade, tan só me queda preparar a intervención e ¡decidir qué me vou a poñer para que o meu maltrecho corpo maternal-emprendedor aguante toda a tarde e  parte da noite sen caer no intento! Lembrarán os meus pés o que son uns tacóns? Mantereite informada…

Para despedirme te dejo el enlace a la entrevista con la menda del revés que publican hoy las Malasmadres, otro lujazo para un mes de junio que promete ser espectacular 🙂

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Xogos de matemáticas e lóxica a partir de 2 anos

Arrancamos a conta atrás (lenta e sen agobios) para a chegada de Papá Noel e os Reis. Sen presionar. Simplemente, pouco a pouco vos iremos dando ideas de xoguetes do revés. xoguetes e xogos nos que os vosos peques desenvolverán distintas habilidades relacionadas co mundo das ciencias e o STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas). Empezamos con unha suave iniciación a xogos matemáticos entre 2/3 e 7/8 anos.

Educación de toda a vida

A frase máis perigosa da historia, “sempre se fixo así”, “a min facíanmo e non saín tan mal…”. A sentencia de morte de calquera esperanza de evolución e mellora da raza humana en xeral e da educación, en particular. Porque nada poderá mellorar en este mundo se non afrontamos cambios. Se perpetuamos nas novas xeracións algunhas formas de ver o mundo que xa deberían ter desaparecido no teremos avanzado no noso obxectivo de mellorar as vidas dos nosos fillos.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.