Cando estudiar se convirte en un desafío

18 / 2 / 2016 |

Métodos innovadores, unha mente aberta e proactiva, novas propostas... Unha axudiña orientativa para as mamás e papás que estean un pouco preocupados polos resultados académicos dos seus fillos/as a estas alturas de curso. En calquera caso, non vos esquezades nunca de que a intelixencia non se mide tan só coas notas, nin moitísiimo menos...

Chegando estamos a metade de curso e na cabeza de moitos, moitsimos, moitisísisimos papás e mamás está agora mesmo ese gran tema: AS NOTAS. Sabedes que somos moi #doreves e, como comentaba unha das nosas colaboradoras en un post hai meses, defendemos porque o sabemos ben, que non se pode medir o éxito ou o fracaso de ninguén en unhas cantas cifras, decídaas quen as decida. Pero tampouco vivimos illados e oímos, escoitamos as conversas das familias no mundo real e online así que, tanto para esas familias que están xa agobiadas por malas notas como para as que simplemente queren coñecer novas formas de aprendizaxe… ¡O Mundo ao Revés ao rescate!

Non somos profes, nin de colexio, nin de academia, nin de gardería, aínda que, desde logo, admiramos moitísimo o seu traballo, pero sí temos un par de ideas que darche sobre como tratar de darlle a volta a unha situación na que os estudios parecen convertirse en pesadelo. A aprendizaxe debe basearse en experiencias reais, menos teorizar e máis VIVIR. Aínda que o sistema educativo aínda non teña acabado de darse conta, os nosos fillos/as necesitan crear coas súas mans e co seu cerebro, con ese “músculo” tan potente que teñen na cabeza, os seus propios proxectos e o seu futuro. De aí a importancia de responsabilizarse desde pequenos de algunhas tarefas, áreas de traballo na casa e no cole para fomentar a súa autonomía, a súa iniciativa e potenciar a súa capacidade de crear métodos propios de estudio (ao fin e ao cabo, todos aprendemos á nosa maneira, nonsi?).

Por todo isto que che conto, hoxe te presento SIAR (Sistema Integral de Aprendizaje y Refuerzo) un centro de estudios que conseguiu situarse á vangarda da intervención educativa en A Coruña e en Galicia introducindo novas metodoloxías que che conto agora mesmo. Coñecín á súa directora, Dolores Reino (Loli en petit comitée) nun almorzo de mulleres emprendedoras e deseguida me atraiu o seu enfoque sobre como traballar cos alumnos/as a través da motivación e dando un papel fundamental á intelixencia emocional en todo a aprendizaxe.

Pero é que, por se iso fora pouco, acabo de enterarme de que arrancou un traballo en común con unha das colaboradoras da web, Verónica Rey (In&Out Psicología) que desde hai uns días traballa de forma individualizada con alumnos distintos aspectos relacionados coa intelixencia emocional e a motivación no estudio. En este mes de febreiro puxo en marcha, ademáis, un novo servizo de asesoramento especializado de forma exclusiva en técnicas de estudio que os alumnos/as tamén poden combinar coas clases centradas nas asignaturas académicas ou elexir ambas posibilidades por separado.

Charla sobre fracaso escolar A Coruña

Se aínda non che picou a curiosidade sobre este centro, cóntoche que organizan una charla gratuíta o sábado, día 27 de febreiro na que falarán sobre as causas do fracaso escolar (un término nada #doreves, moi pero que moi subxectivo e que engloba, en realidade moitas casuísticas diferentes) e na que poderás resolver seguramente moitísimas dúbidas se tes fillos en Primaria ou na ESO. Se queres, ademais, seguir aprendendo e investigando un pouquiño, SIAR organiza un taller dirixido a pais, nais, educadores (e a calquera que lle interese a temática, por suposto) sobre a intelixencia emocional e a súa importancia no desenvolvemento dos nosos fillos, o sábado, 5 de marzo.

Taller de inteligencia emocional, A Coruña, para madres, padres y educadores

Sobre a importancia da intelixencia emocional xa che temos falado en varias ocasións, de feito é un término que, por sorte, cada vez se usa con máis frecuencia no entorno educativo. Alegrámonos de que así sexa porque o certo é que calquera proceso de aprendizaxe productiva debe pasar pola construción de un ser humano completo, que coñeza e recoñeza as emocións, que saiba xestionalas e sacarlles o maior proveito posible. En O Mundo ao Revés non entendemos a vida de outra maneira. Ao fin e ao cabo, aínda que o que che preocupen sigan sendo as notas… ¿Non cres que un neno feliz, motivado e que se sinta realizado acabará, por lóxica alcanzando o éxito académico?

Nas imaxes tes todos os datos por se che apetece apuntarte a unha de estas citas e aprender un pouco máis axudando de paso a aprender aos teus fillos/as.

Compartir:

Tamén che pode interesar...

OS BEBÉS COMPRENDEN A MÚSICA

A música e a capacidade de calquer ser humano, teña a idade que teña ou sexan cales sexan as súas condicións para “entendela” e desfrutala son un fenómeno que ten merecido distintos tipos de estudios. Que pasa na cabeciña da túa peque cando lle pos unha peza de rock ou algo de música clásica? Colaboración refrescante e reflexiva da nosa musicoterapeuta favorita, Carla López.

Big Neurona, aprende sobre empatía no Muncyt

Un pouco de axenda para seguir a semana. Esta mostra estará no Muncyt ata finais de xuño e non a podes perder se queres aprender un pouco máis sobre o cerebro e sobre cómo ver o mundo ao revés. Siiiii, esta exposición está pensada para mín!!!!

Eloxio da anormalidade

Somos unha familia moi pouco normal, e a moita honra. Así que xa me cansei, e moito, de escoitar unha e outra vez a famosa frasecita.: “é que isto non é normal”. O normal non ten por que ser necesariamente bo e o “anormal”, en esencia, non ten absolutamente nada de malo. Vente a tomar un café ou unha caña e reflexionar un rato conmigo.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.