Cousas que deberían facer (ou non) todos os nenos en veran

17 / 8 / 2015 |

O veran é o momento ideal para SER NENOS, experimentar, sentir, vivir... Deixámosvos a nosa anti-lista, unhas cantas propostas e ideas para pasalo ben estes meses. Sabemos que non descubrimos a penicilina, pero tampouco o pretendiamos, tan só que pasedes un bo rato :)

Sabémolo, chegamos tarde en moitos casos, probablemente na maioría, pero imos #DelReves #DoReves e non nos importa demasiado. Ademais, non hai excusa que valga… Podedes tomar nota das nosas recomendacións e poñelas en práctica para o verano que vén!! Como supoñemos que xa estades fartos de eses posts tipo “dez cousas que deberías saber” ou “dez cousas que tes que facer” (que nos preguntamos, por que sempre lles saen dez a tod@s ou case tod@s, xa é casualidade!!) nós non imos enumerar, só lanzar, disparar sen ton nin son propostas, ideas, imprescindibles do veran para nós… Actividades, cousas que nos parecen moi #DelReves #DoReves e que desde logo estamos practicando nestes meses. Como sempre, podedes facernos caso… ou non, pero esperamos que pasedes un bo rato léndoas ¡Ah, está pensado para @s peques, pero tamén para as nais e pais!!!

-Ensuxarte. Que infancia tan triste a d@s peques que non se ensuxan por favorrr! Para que están os xeados, a area, a terra, a herba mollada? As texturas están para catalas, sentilas, probalas en toda a súa magnitude e en veran todas estas actividades son obrigatorias. Ao fin e ao cabo, pénsao, non será mellor que se manchen agora, cando non se pelan de frío por ter que cambialos de arriba a abaixo?

-Xogar en contacto coa natureza. Sair ao monte, recoller moras, trepar as árbores, cavar un burato na terra, ir á praia, saltar as ondas, construír mil castelos de area, explorar as “pozas” marítimas que se forman entre as rochas… Parástesvos a pensar algunha vez a cantidade de aprendizaxes que se inclúen en actividades deste tipo? Só unha pequena lista: desenvolvemento de habilidades en psicomotricidade grosa e fina, coordinación óculo manual, coordinación lateral, forza, destreza, coñecemento do entorno, aprendizaxes en bioloxía, desenvolvemento de habilidades emprendedoras, etc, etc

En verano, máis ca nunca, permitídelles de verdade SER NENOS!

-Ir descalzos. Cantos de vós non fostes correndo detrás dos vos@s peques para que se poñan as zapatillas en casa ou mesmo os zapatos nun parque? Sí, sabémolo, poden clavarse un cristal, facerse dano ou acabar con cistitis, pero o veran é a época idónea para deixar que sintan a area, a herba, as pedras, o auga nos pés. Trátase dunha aprendizaxe sensorial pola que tod@s deberíamos pasar e recuperar de cando en vez e nos proporciona unha cantidade de información tremenda a nivel sensorial, propioceptivo (conciencia do noso corpo frente ao entorno que o rodea) e de coñecemento do entorno. E, sobre todo… ¡é moi divertido!!

Chanclas, en verano hay que ir descalzo

Foto de Paula Verde

Coñecer sitios novos, nenos novos, novas experiencias. Mesmso aínda que non poidas viaxar a ningún sitio este veran, iso non impide que cambies de barrio, de parque, de praia… Aproveita estes meses para explorar outros barrios da túa cidade ou fai esa escapada se hai cartos e tempo. Coñecer novos sitios e novos nenos apórtalles moitas aprendizaxes en todas as etapas da súa vida porque se trata de novas sensacións, novas formas de afrontar un entorno, novas experiencias, novas formas de enfrentarse á xestión e recoñecemento de emocións nos outros…

-¡¡¡¡Teño un plan!!!! Este veran un peque #DelReves #DoReves ao que coñecemos  sorprendeunos máis de dez veces con unha frase como ésta. A imaxinación se dispara, o tempo libre, a posibilidade de enfrentarse a moito tempo non estructurado (ese aburrimento do que xa vos falabamos a semana pasada) fomenta nos peques a capacidade de desenvolver novas ideas, novas iniciativas que levar a cabo durante esas horas que son só para eles. Proporciónalles unha oportunidade ideal para demostrarse a sí mesmos e aos demais que son capaces de facer cousas (construír unha cabaña, ou unha casiña con cartóns, crear unha piscina na area, transformar un banco nun posto de venta de follas e pedras…) e sobre todo de vivir mil aventuras.

-Deitarse tarde e, xa de paso, ver algunhas postas de sol. Esta proposta non é válida en casos de bebés pequenos co sono aínda sen regular, claro está. En eses casos, mamás e papás, xestionade o tema como poidades e bastante faredes xa con iso. No resto, animámosvos a intentar desfrutar dos vos@s peques nesas horas (cada vez menos, sabémolo) de luz solar que nos regala o veran. Aproveitade para ir a algún espectáculo a última hora, sair de tapas ou ver unha posta de sol en algunha praia cercana. Ese tipo de recordos son os que gardarán como tesouros para toda a vida.

Puesta de sol en verano, vacaciones con niños, vacaciones, foto de Paula Verde

Foto de Paula Verde

-Facer unha festa de pixamas (ou derivados). Moi relacionado co anterior… Que mellor momento que o veran para que os primos veñan a casa ou vaiades a casa dos avós ou duns amigos e que monten tod@s unha festa de pixamas? Pizza, unhas pelis, xogos, invencions, facer unha tenda de campaña ou un refuxio na súa habitación… Seguro que ao vecindario non lle parecerá tan boa idea pero sempre que consigades controlalos a partir das doce da noite non ten por que pasar nada 🙂

-Ante todo e sobre todo: SER NENOS. Anulade as axendas, experimentade, apagade a tablet, xogade, reíde, vivide e permitídelles de verdade ser nenos!!! Isto deberíamos facelo todo o ano, pero como ás veces se nos esquece, nas carreiras diarias inevitables entre que conseguimos sair do traballo e recollelos das súas actividades extraescolares… quizais haxa que lembrárnolo. Mesmo os adultos podemos e debemos volver a ser nenos en veran.

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Aprender da natureza

O ceo, a terra, os animais e moi pocos límites pero moi claros (todos relacionados coa seguridade), en este escenario e coa premisa de fomentar o xogo libre e a aprendizaxe na natureza nace a escola bosque Amadahi. Invitámoste a coñecela.

Cantamos e contamos con Antonio Rubio e Kalandraka

Imos cantar e contar cos libros de Antonio Rubio en Kalandraka. Despois do encontro co autor ao que fun a semana pasada animeime a alimentar un pouco a miña recén nacida canle de youtube con algunhas cancións-contos que lles encantan aos máis peques da casa.

Educar con intelixencia emocional

Presentámosvos a nosa nova colaboradora, Verónica Rey. Se facedes click no seu nome poderedes ver máis datos do seu perfil. Non vos perdades o seu primeiro texto sobre a importancia de educar con intelixencia emocional!!!

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.