Consellos do revés para sobrevivir á Cabalgata de Reis

5 / 1 / 2016 |

Avós que darían a vida, os cóbados e os ombreiros dos teus fillos por que os seus netos non se perdan detalle da Cabalgata, caramelos imposibles de capturar e chuvia e vento que ameazan. Parece misión imposible, pero sobrevivirás á Cabalgata cos nosos consellos do revés!

Estás realmente preparada/o? Preparada/o para salvar aos teus fillos de esa avoa sobreprotectora que se lanza á captura dos caramelos e que faría calquera cousa porque o seu netiño non se perda a barba de Melchor? Porque, se non o estás, quizáis xa non poderás facer nada para estalo e che aseguro que non deberías descartar o adestramento para o ano que vén! Moita paciencia e man esquerda é o que máis necesitarás para sobrelevar ben os conflictos aos que te podes enfrentar na Cabalgata e moita habilidade e rapidez necesitan os teus peques.

Na familia do revés non nos queixamos, porque o ano pasado nos tocou ao lado unha familia que, aínda que ao principio se amosaba un pouco recelosa e amoreou unha montañiña de caramelos para o seu peque (que tería apenas 2 anos) acabou cedendo algún e aa familia contigua acabou compartindo con nós varios puñados de doces en sinal de un borrollismo sen límites (dado que nós non acertabamos a capturar máis que os que caían sen remedio). Tivemos sorte, pero non todo o mundo a ten. Teño escoitado historias aterradoras sobre avós e pais que dan codazos a nenos para que os seus netos e fillos non se queden sen un sitio en primeira fila ou que discuten con quen sexa con tal de asegurar a cuota de caramelos dos seus pequerrechos así que… Vaite preparada/o e con mooooita calma! Tómate un chocolate quentiño ou unha caña para mellorar o teu humor e soportalo todo, é o mellor que podes facer!

Pero se  a mentalización non é abondo e os nenos cos que vas, ademáis, aínda son pequeniños e, polo tanto, non moi hábiles no noble arte de capturar caramelos, sempre podes usar algún pequeno truquillo. Hai un que se xeralizou nos últimos anos e que algúns concellos chegaron a prohibir polos perigos que entraña: o paraugas cazador. Hai quen o pon no chan boca arriba para atrapar en plena caída os tesouros doces. Hai quen aproveita un paraugas superflexible e lle dá a volta ás varillas cara afora para recoller os caramelos ao vo. En todo caso, non che recomendamos estes usos polo perigo que entrañan, sobre todo para o resto e por ser competencia deslear. Como dirían nos anuncios, non o intenten nas súas casas (por moito que un certo personaxe da familia real xa o fixera).

Coger caramelos con paraguas, cabalgata de los Reyes

Este ano, ademáis un Banco lanzou unha campaña innovadora na que regala “cazacaramelos”. Trátase de un cono de cartulina decorado, ademáis, co inimitable monstro cazacaramelos con el que poderán atrapar con máis facilidad os doces. E, se non o conseguen, alomenos poderán xogar un rato e practicar a súa habilidade de caza e captura ou, como mínimo, exercitar un ratiño a súa imaxinación con ese fantástico monstro tan simpaticote. De feito, podes probar a facelo ti en casa, porque non é máis que un cono de papel/cartulina moi grande.

Cazacaramelos, Cabalgata Reyes Magos

Ademáis de isto, aí van un par de conselliños extra que creo que non lle virán mal a ninguén para sobrevivir honrosamente á Cabalgata:

-Como sei de boa tinta (google non minte) que máis da metade das miñas lectoras/es están en Galicia, aconséllovos que se vos animades a achegarvos á cabalgata o fagades ben pertrechadas/os con chubasqueiros con colo alto ou, no seu defecto, que os Reis se adianten e vos fagades con algunhas das prendas de Anphibia que me teñen obsesionada desde que o inverno chegou á cidade. Tedes petos e monos protectores que permiten aos peques xogar baixo a choiva, protectores para portabebés, etc. Encantanme!! Agora só pido que fabriquen en tallas un pouco máis grandes para a peque do revés.

Mono Anphibia Kids, ropa para niños, ropa para invierno

-Se ousades lanzarvos á aventura (teño que recoñecer que nós o decidiremos no último minuto, en función das rachas de vento e choiva que haxa a partir das 6 da tarde) aí vos regalo algún conselliño máis. O primeiro, trata de buscar unha zona sen grandes aglomeracións. Sei que é moito pedir pero é a única garantía de que os peques non se agobien ata o infinito e máis alá (polo menos no meu caso).

– Intenta poñerlles roupa con cores chamativas para localizalos facilmente en medio da multitude. Non se trata de que se convirtan de golpe nos fillos do butaneiro, pero en medio de un montón de xente con abrigos negros, grises e marróns, será máis fácil localizar ao teu peque se leva ese gorro verde fosforito que nunca lle pos porque parece un gnomo.

-Pulseiras identificativas. Tampouco está de máis que uses algunha pulseira identificativa na que poidas poñer os seus datos en caso de que o peque sexa aínda realmente moi peque e non se memorizara o voso número de teléfono. Nós usámolas desde hai un ano e só che dou un consello: asegúrate de que non se borra o que escribiches porque en algunhas sucede con demasiada facilidade!!!

Déixoche a ligazón con consellos do Concello e a ruta da cabalgata de Reis na Coruña (sae ás 17.45 da estación de San Cristóbal e chega sobre as 20.15 a María Pita) e as rúas que se cortarán ao tráfico para os que collades o coche (se podedes evitalo facédeo!!!) e, finalmente, insisto, un chocolate quentiño e/ou unhas cañas axudan a sobrelevar o trago ao máis pintado!!

Actualizo post coa ligazón á web do concello coa ruta da Cabalgata deste ano. Sae ás 18.00 horas da Ronda de Monte Alto e, ademais, podes obviar toda a parte da protección ña chuvia porque o ceo estará máis que despexado.

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Regala diversidad, regala aprendizaje de vida

El post de hoy es una lista que puede ayudar a cambiar el mundo. Una lista de regalos que te propongo desde el mundo de la dviversidad. Son libros para niños/as y adultos/as, cds y otras propuestas elaboradas desde el respeto a la diversidad. Todas las ideas que recojo son respetuosas con lo diferente y defienden el mundo diverso por su poder enriquecedor. Personas con diversidad funcional, familias diversas, asociaciones, entidades que quieren poner su granito de arena son las autoras de estos fantásticos proyectos. Si vamos a consumir, al menos hagámoslo con el objetivo de construir entre todos/as un mundo mejor. Como la lista es muy larga no doy detalles de todos los productos así que POR FAVOR, no dudéis en consultarme sobre cualquier de ellos.

Son unha nai sen instinto maternal

Unha nai sen instinto maternal, triste, pero certo. Aínda que, quizáis é que o instinto maternal está sobrevalorado ou simplesmente hai que redefinilo. Alguén na sala que me preste un pouco? Aquí chegan as miñas reflexións do revés acompañadas de caña, viño ou o que che apeteza tomar. Invito eu, é a miña festa ao fin e ao cabo.

Tres plans para un Nadal moi diferente en Galicia

Que dirías se che conto que traio tres plans diferentes para o Nadal en este decembro? Teño tres palabras máxicas que te van a convencer: Playmobil, Lego e cine. Dúas grandes exposicións que teñen aos Lego e Playmobil como protagonistas e o primeiro festival de cinema para nenos que se celebra en Galicia. Non os podes perder.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.