Coñecer a cidade cunha guía infantil

7 / 8 / 2015 |

Unha guía de viaxe para nen@s. Un paseo pola cidade que mestura prosa con verso, imaxes reais con ilustracións, ficción con realidade, historia con actualidade. Todo isto e moito máis é "De paseo con Crunia", que se presenta mañá, sábado, na Feira do Libro.

Crunia é una nena que vive na Coruña, un día, vaise de paseo co seu avó Xenaro a coñecer sitios marabillosos, sitios que temos moito máis preto do que pensamos porque, para vivir aventuras, non é necesario irse moi lonxe. Ése podería ser, moi resumido, o inicio do libro “De paseo con Crunia”, unha aventura fantástica, unha pequena guía de viaxe da cidade da Coruña para nenos e nenas e moi pensada para desfrutar en familia. Da man das ilustracións de Aurora Cascudo (que ademáis colaborou na fotomontaxe que ilustra esta información, mil grazas Aurora :)) e fotografías de Miguel Noval, Cristina Corral lévanos de paseo por algúns barrios da  cidade e nos redescubre detalles que moitos xa coñecemos e outros que sorprenderán tamén seguro a algún papá ou mamá.

Esta pequena xoia preséntase o sábado, ás seis da tarde na Feira do Libro, e xa está dispoñible para quen queira mercala na caseta de editores.

Cristina, como se iniciou esta aventura de Crunia?

Hai uns anos, a través do movemento asociativo dos barrios propuxéronnos levar adiante un proxecto para potenciar os barrios da Coruña e achegarllos aos nenos e nenas, axudarlles a coñecelos. A idea era crear un texto con ilustracións e imaxes que se puidese traballar en familia e nos coles. Empezamos a traballar Aurora, Miguel e eu durante varios meses pero, finalmente, o proxecto quedou estancado por falta de financiamento. Non me dín por vencida e paseillo a varias editoriais ata que Embora dixo que sí e iniciamos de novo esta aventura.

Que pasó cando a editorial Embora se subiu ao barco?

Pois que cambiamos un pouco o libro, enriquecímolo, traballámolo máis, cun mapa máis elaborado e un texto que conta cousas coñecidas e outras máis novedosas xogando coa prosa e a rima. E o resultado é a guía que presentamos mañá, sábado, na Feira do Libro e que xa sabemos que terá continuidade con guías para Lugo e Pontevedra.

Así que aínda no deu tempo a que tiveras ningunha resposta por parte do público?

Non, imposible! Aínda non teño o libro nas miñas mans do novo que é!! Teño moita curiosidade por ver cal vai ser esa resposta porque o pensamos para un público bastante amplo, nenos e nenas, pero tamén familias, claro, porque se os nenos aínda non saben ler as nais e pais poden contarlles as aventuras de Crunia e o seu avó e a través das ilustracións e imaxes, os peques poden desfrutar e aprender igualmente.

Definirías o libro como unha guía de viaxes para nenos?

Si, pero cada un ou cada unha o pode ver como prefira. Quero decir que os nenos sempre te sorprenden e cada un verá algo diferente. Nós, desde logo, tratamos de facelo interesante e accesible para un abanico amplo de idades, que lles interese, por iso está narrado como unha historia que o avó lle conta á súa neta e non como unha enumeración de datos sen máis, que lles resulte útil a todos os membros da familia que poden aprender co texto e que lles motive a preguntar, a aprender máis sobre a cidade. Queríamos achegalo ao público máis pequeno mesturando ficción e realidade, pero logo cada un se pode “montar” a súa propia historia ou continuar coa historia de Crunia e Xenaro por onde lles apeteza.

Non é casual que sexa un avó o fío conductor da historia, non?

Non, quería facerlles unha homenaxe porque os avós ás veces son os grandes esquecidos e teñen un papel moi importante na vida dos peques. Ademáis, sempre se saben historias fantásticas que interesan a todos/as!!

Cristina Corral, autora de De paseo con Crunia, guía de viaje infantil de A Coruña

Fotomontaje de Cristina Corral con Crunia y Xenaro con la ayuda de Aurora Cascudo

Que se van a atopar as familias que compren “De paseo con Crunia”?

Pois xa digo que cada un reinterpreta os libros á súa maneira, pero nós queríamos facer un pequeno libro que atraese aos nenos e aos pais, que lles enganchase cunha linguaxe atractivo, unha narración similar á dun conto e con moito xogo por medio a través da mestura de ilustracións e fotografías. Con Crunia e o seu avó Xenaro disfrazándose con vestimentas das distintas épocas das que falan (de romanos, Art Deco, celtas…) e paseando pola cidade e vivindo mil aventuras. Penso que pode resultar atractivo para familias da Coruña ou de calquera outro sitio porque tamén é un gran regalo para que compren os visitantes ou para nenos e nenas de turismo pola cidade. Incluso ten unhas ilustracións para colorear ao final para que non só lean e miren!!

A Coruña ten moito que ensinar?

Desde logo, sempre hai moitas cousas,moios tesouros que descubrir nas cidades e, de feito, neste libro non sacamos todo, fixemos unha selección, así que pode haber unha continuación do paseo de Crunia e Xenaro.

Así que… xa sabedes, un bo proxecto, unha proposta para desfrutar en familia, no cole, na rúa e na casa. Convidámosvos a que paseedes con Crunia pola cidade.

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Alemán divertido para nenos

Hoxe tráioche unha recomendación por se queres empezar 2017 con novas propostas de aprendizaxe para os teus fillos ou mesmo para ti. Algunha vez pensaches no alemán como posibilidade de extraescolar para os peques? Preséntoche Mi centro alemán, un lugar no que aprender disfrutando e xogar aprendendo que, ademais, che ofrece tamén un sistema de clases por vídeoconferencia se queres estudiar a distancia.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.