Ésta é a miña empresa do revés

O Mundo ao revés é un gabinete de comunicación especializado en empresas do sector infantil e maternal. Pensamos que o primeiro paso para conseguir os teus obxectivos é sentarnos a charlar, o café é optativo (a caña queda para celebrar os nosos éxitos depois). Seguro que hai moitas cousas que queres mellorar na túa comunicación, cousas que pensas que só están ao alcance das grandes empresas e que, en realidade, están a un mail ou a unha chamada de distancia.

Pero, como toda relación ten que ter un punto de partida ou, cando menos, unhas normas básicas para funcionar, éstes son os servizos que che ofrezo. Iso si, non esquezas que somos mutantes e elásticas, cambiamos e inventamos en función do mercado e a súa evolución e nos adaptamos a novas propostas.

 

Servizos de comunicación integral

Asesoramento integral de comunicación, análise de puntos fortes e débiles e deseño de estratexia e plan de comunicación e posicionamento.

Que queres partir de cero? Perfecto, fágoche un chequeo completo e vemos como che podo axudar a superar os teus achaques ou como atacar ao virus que te tumbou, se é necesario.

sonia-1

 

Mass media

  • Organización de roldas de prensa e eventos. Gravación de audios, servizos de fotografía e distribución de material á prensa analóxica e dixital.
  • Redacción de notas de prensa.
  • Relación cos medios de comunicación.
  • Elaboración de dossieres para publicitar e/ou vender distintos produtos.

Non te equivoques, os medios de comunicación non están reservados para os famosos nin para aqueles que pagan publicidade. Toda empresa pode ter o seu oco nos medios sempre que teñas unha historia que contar. Só hai que saber buscala e explicala. Axudareiche a chegar aos xornalistas para buscar o teu oco nas noticias e mellorar así o teu posicionamento.

Porque saír nos medios de comunicación non é algo que che deba “facer ilusión”. É un empurrón para o teu negocio e o seu posicionamento, apórtache visibilidade e che da prestixio frente á túa competencia.

sonia-2

 

 

Comunicación interna

Sabes quen es, o que queres, a imaxe que queres transmitir, pero non consigues que esta mensaxe chegue aos teus clientes. Parácheste a pensar que quizais o que falla é a túa comunicación interna? E non te leves agora as mans á cabeza exclamando algo como “Comunicación interna!!! Cren que son Inditex!!” O certo é que ás pequenas  e medianas empresas lles interesa a xestión das súas mensaxes internas tanto ou máis que ás grandes porque a elas se lles perdoa menos unha incoherencia.

Tamén te axudamos nas túas relacións con outras empresas, entidades ou administracións que che interesen como clientes ou colaboradores.

Xestión de redes sociais e presencia online

Asesoramento e xestión das diferentes redes sociais nas que consideremos que debes estar e como debes facelo.
Supervisión completa da túa presenza ou ausencia online. Elaboración e implantación de un plan de actuación online para mellorar o teu posicionamento en buscadores e a túa reputación.

Xestión de webs ou, no seu caso, asesoramento sobre a necesidade de cambialas ou sacudirlles un pouco o polvo..

O importante non é estar, senón saber como e cando facelo. Tes facebook e twitter, pero non sabes que facer con google +, a prima que che botaba unha man tivo xemelgos e xa non dá para máis, hai dous anos que non actualizas a túa fan page… estás perdendo oportunidades de darte a coñecer e, sobre todo, de xestionar a túa imaxe. Somos reportuiteras, amantes infieis de facebook e moi fans de instagram. Montamos saraos 2.0. Buscamos a coherencia entre a túa presencia offline e online.

Pero, sobre todo, somos seres humanos, profesionais con experiencia, non máquinas que compran “gústames” nin xeramos perfiís falsos que non van ningún sitio, porque, ás veces, só ás veces, nos esquecemos de que detrás de eses perfís de usuari@ hai PERSOAS ás que temos que escoitar, atender e sempre sempre, responder.

sonia-3

 

CASOS DE ÉXITO

*Festival de cometas Festicor

*Xoguetería Hola Caracola

*Academia SIAR

*Grupo de bloggers BlogGal

Xoguetería Hola Caracola

Organización de charlas para papás e mamás sobre juguetes e difusión en redes sociais e medios de comunicación. A xoguetería tivo presencia en forma de entrevista radiofónica en:

  • Radio Galega
  • Onda Cero

Televisión:

Prensa escrita:

Presencia na axenda de medios locais e reportaxe a dúas páxinas no suplemento Fugas que publica os sábados La Voz de Galicia.

 

sonia-4 sonia-5 sonia-6sonia-7

sonia-8

 

Festicor

Co festival de cometas Festicor conseguimos entrevistas na cadena SER, Radio Galega, Televisión de Galicia, Radio Voz, cadena COPE e Onda Cero.

O festival tivo tamén presencia en máis de vinte medios dixitais.

sonia-9 sonia-10 sonia-5 sonia-6 sonia-4 sonia-7 sonia-13 sonia-14

 

BlogGal

Co lanzamento de BlogGal, grupo formado por bloggers de familia en Galicia e o seu primeiro evento conseguimos captar de novo a atención dos principais medios de comunicación con entrevistas en Radio Galega, Cadena SER, Onda Cero e Televisión de Galicia e presencia en medios escritos galegos de referencia (La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Faro de Vigo, Atlántico Diario).

Na web de BlogGal podes consultar máis detalles.

Falamos? sonia@omundoaoreves.com

Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.