Cómo ver a tele con peques do revés

17 / 11 / 2015 |

As pantallas planas. Esas grandes aliadas que poden acabar sorbéndolles aos nosos peques a atención e energía como se fosen vampiriños dixitais. Hoxe tráioche algunhas recomendacións de pelis, debuxos e curtametraxes que nos encantan na casa do revés por diferentes motivos.

Ver ou non ver a tele… o gran dilema. Hoxe en día, as pantallas invaden a nosa realidade, o noso mundo está cheo de teles, ipad, tablet, smartphone, pizarras dixitais… Todas supoñen unha ferramenta fantástica se se saben utilizar ben… cousa que non sempre é fácil, nin moito menos, pero temos que ser conscientes de que existen, incluso cando temos decidido que os nosos peques non as usen ata unha determinada idade.

Hai fogares e familias que teñen renunciado de unha forma consciente ao uso da tele, tablet, etc; outros nos que se limita ao mínimo, outros nos que fan o que poden e en moitisisisisisimos outros as pantallas se adueñaron das súas vidas de forma case case irreversible. Eu non xulgo a ninguén (só faltaría) só podo falar desde a miña experiencia e desde o que teño aprendido de outras familias e especialistas en desenvolvemento e estimulación. Desde ese lugar, desde o meu lugar, insisto, creo que as pantallas son unha fantástica ferramenta que debe limitarse de unha forma moi clara e sempre como aliada da creatividade.

Co peque do revés é difícil. É encender a tele e o seu “EU” desaparece para sumerxirse en esos mundos marabillosos de historias que se lle ofrecen de forma tan tan doada. Coa peque do revés é outro cantar. Debido ás súas dificultades de comprensión oral sempre adorou os vídeos musicais ou debuxos curtiños e con música, cando xa te atreves con algo máis complexo enseguida desconecta. Desde este mundo, desde o meu mundo no que tiven que explorar produtos moi diferentes para atopar algo interesante e que se lle poida ofrecer aos máis peques (sempre en doses pequenas) ofrézovos as miñas xoias televisivo-audiovisuais do revés. Antes de lanzarme a por elas, unha advertencia, nunca deixedes que os peques vexan algo na tele ou tablet sen telo visto antes porque vos podedes atopar con auténticas sorpresas (para ben e para mal). Nin vos podedes imaxinar o que se pode chegar a emitir en horario infantil en cadeas teóricamente dirixidas a peques. Agora sí imos a polas miñas recomendacións. Algunhas son xa un clásico que seguro que coñeceredes, outras pode que non se adapten aos gustos dos vosos peques, pero espero que descubrades algo novo:

Baby EInstein

Baby Einstein. Serie de DVDs pensados para bebés. No seu día, vendeuse como un produto que convertía ao teu peque en un ser máis intelixente, algo que co tempo se demostrou que era un argumento de marketing desmedido. A nosa experiencia? Son vídeos que combinan imaxes reais de peques con animais, debuxos, xoguetes e marionetas nos que se ofrecen conceptos tan diversos como os números, as cores, as obras de grandes pintores ou músicos e ata unha introducción á lingua de signos. Todo aderezado con música clásica interpretada con unha calidade aceptable. Durante anos foron os superfavoritos top ten da peque do revés e aínda lle siguen gustando, pero realmente están bastante orientados a nenos/as de 0 a 3 anos.

Saari, dibujos

Saari. Trátase de debuxos producidos pola Telvisión Catalana nos que as personaxes non pronuncian nin unha soa palabra. Saari é unha illa na que un grupo de amigos fabulosos viven unha serie de aventuras curtiñas. A serie, na que la música ten un protagonismo fundamental (prácticamente conta a historia) xa non se emite, pero podes ver alguns capítulos en youtube e na súa aplicación para ipad. É deliciosa e moi tranquila, perfecta para momentos de relax.

Fantasía, Disney

Fantasía. Os clásicos nunca morren e Disney sempre ten moito que ofrecer. Na casa do revés temos a reedición do clásico de Disney que se fixo no año 2000 na que se recuperan as pezas con un pequeno lavado de cara. Son clips de diferente duración acompañados tamén de música que contan historias diferentes e con tonos e estilos moi diversos, desde unha revisión da historia de Noé da man do pato Donald, ata a aventura de unha pequena balea que se perde en medio das frías aguas árticas. Unha pequena grande xoia que todo o mundo debería ver a calquera idade.

Piccolo y Saxp

Piccolo y Saxo. Esta foi unha recomendación de unha amiga do revés que tardou tempo en ter éxito na casa do revés. De feito, á peque segue sen acabar de convencerlle, pero o peque xa caeu nas redes de esta historia musical na que os instrumentos de madeira e os de vento metal se enfrentan en un mundo no que a música é a protagonista. Unha grande aventura que se orienta a peques un pouco maiores (diría que máis de 3 anos) e que repasa valores como a amizade, a colaboración, o traballo en equipo, a inclusión… Ademais da clase de música incluída, claro!

La Luna. Trátase de unha curtametraxe da factoría Pixar que nos ten prendados desde hai máis de un ano. Unha historia poética e conmovedora na que sobran as palabras.

Monsterbox. Esta pequena xoia é tamén unha curtametraxe que descubrimos por casualidade un día buceando en Internet e desde aquela tennos cautivados. A historia de unha nena que quería que os seus monstros tuviesen unha casiña. Traballamos valores como o respecto pola diferencia, a amizade, o perdón e, sobre todo, que sempre sempre é mellor estar coa xente á que queres, aínda que non entendas moi ben o que queren ou lles sucede.

-For the Birds. Ésta é a propina, un microcorto de novo da factoría Pixar divertido e apto para todas as idades. Un montón de paxariños pequenos están molestos co paxaro grande porque os molesta. Parécelles feo e torpe e deciden ir a por él. Que pasará?

Ademais disto, a verdade é que o peque do revés pásao bomba desde os dous anos coas pelis musicais. E non falo de Disney, diso nada, senón de auténticos clásicos do cine como “Un americano en París”, “Cantando bajo la lluvia” ou “My fair lady”.

Por se os vosos peques son xa maiores ou simplemente, por se queredes explorar máis posibilidades, déixovos enlace aos posts de dous blogs con recomendacións cinéfilas moi interesantes.

Bei de Tigriteando. Pelis del estudio Ghibli.

Rejuega. Propostas de cine creativo para ver en familia.

Eva Guein en Con la luz de una ventana. Tele para los más pequeños.

Compartir:

Tamén che pode interesar...

De compras online ropa para niños, diseño y comodidad

Ropa para niños bonita, divertida y cómoda. Prendas pensadas por y para los niños. Comprar prendas para tus peques puede resultar un suplicio cuando buscas algo diferente. Omundoaorevés al rescate!! Te traigo una lista de marcas con propuestas bonitas y evalúo su calidad y sus servicios.

Cóntame un conto… sen conto

Dados, cartas, selos ou un cubo de Rubik… en todas partes hai historias que contar, relatos que inventar. E se non podes descubrilo a primeira vista, non te preocupes, que xa che botamos unha man e che suxerimos xoguetes que che axudarán a crear contos sen contos.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres

Suscripción Slider

Madre Esfera
Blog Gal
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.