Como preparar un Nadal ao revés

25 / 11 / 2015 |

Na casa do revés tamén nos preparamos para o Nadal pero, por suposto, facémololo de unha forma un tanto diferente. Douche algunhas ideas para o teu calendario de non-advento ou, como prefiro chamarlle, a túa propia preparación das vacacións. O importante é desfrutar do momento cos peques.

Vaia por diante que non hai unha forma correcta de preparar o Nadal, cada un/a ten a súa. De feito, é do máis correcto non preparala en absoluto se non tes ningunhas ganas, se a odias, directamente, se es profundamente ateo/a ou profesas unha fe na que non se celebran estas datas e consegues abstraerte do mundo que te rodea. Fágoche unhas cantas propostas, de momento, para preparar un NON-CALENDARIO de Advento. Explícome, na casa do revés somos ateos (xa digo que o principal é respectar a cada persoa e familia nas súas creenzas ou non crenzas), así que non falamos en absoluto de nada que teña que ver con relixión, o que sucede é que vivimos en un mundo plagado de referencias relixiosas ligadas ao Nadal así que decidimos adaptalas á nosa realidade e preferencias.

E, si, seguireiche dando ideas relacionadas con estas datas, pero prometo de verdade non saturar porque sei que moitísisisisimos/as xa estades fartiños/as a estas alturas (e falta case un mes para o día D).

Como me facía ilusión facerlles unha “preparación” ao Nadal, o ano pasado descargueime estos imprimibles xeniaies de Mr Printable para facer un NON-CALENDARIO de Advento. Unha vez os montas quedan así de chulos, unhas casiñas coas que practicas ademáis os números para que os repasen. O peque do revés aínda era un pouco pequeno (2 anos) pero xa recoñecía algúns números, á peque do revés cústalle un pouco máis, pero tamén o consegue coas súas propias ferramentas.

welcome-to-christmas-street-advent-calendar

Agora vén o importante, a posta en práctica. O que fixemos nós foi ir abrindo cada caixa durante os días previos aos festivos (terminamos en medio das vacacións escolares). Expliqueilles como puiden que viñan as vacacións e que ía haber festa así que, para celebralo e prepararnos, cada día habería unha sorpresa. As sorpresas??? Aí tamén imos por unha onda diferente. Combinamos pequenos agasallos con actividades e chocolate (só un cada semana). De feito, cando sexan un pouco maiores creo que apostarei por moitas máis actividades e menos agasallos directos. Trátase de implicar aos peques o máximo posible en todo o proceso polo que se lle pode pedir, por exemplo, ao maior (a maior no meu caso) que ideee actividades para facer en familia. Escribídelas en papel de estraza, facedes uns paquetiños, colgádelos con cordas e xa tedes as vosas actividades de preparación do Nadal, calendario de Advento ou como prefirades chamalo.

Algunhas ideas: ir ao cine en familia, unha tarde creativa con pintura, unha merenda especial a base de chocolate con churros, unha tarde preparando adornos de Nadal, preparar un postre, ir a desfrutar de unha tarde de patinaxe, facer unha búsqueda do tesouro, preparar unha tarde de actividades relacionadas co inverno ou o Nadal (poñerlle a barba a un Papá Noel con algodón, recortar copos de neve de cartulina, etc)…

A verdade é que xusto vin esta semana que Clara B. Martín ten unha proposta moi parecida a ésta que vos fago, así que vola enlazo porque ademáis vén acompañada de fotos chulísimas, como todas as cousas que fai.

Calendario de adviento de Clara B Martín

Resultado final de su calendario, que además, decora

Pero, por se non é abondo, déixovos tamén ligazóns a outras propostas de Advento que podedes adaptar aos vosos gustos. Enlázoas porque son diferentes, divertidas, orixinais e sempre sempre se poden incluír dentro de un proceso no que participen os nenos/as de algunha maneira.

Calendario con ovos Kinder. Bo, bonito e barato. Iso sí, máis vos vale ter reunido os envases antes porque tampouco é cuestión de que vos zampedes os vintetantos de golpe!! Podedes meter dentro os papeis coas ideas ou actividades.

calendario de adviento de decoratrix con huevos kinder

Calendario de Adviento de Decoratrix

En Peque Felicidad fixeron un calendario de advento DIY no que implicaron ao peque da casa. Bastante sinxelo e rápido.  Animádesvos?

Coma sempre, Bei, de Tigriteando, ten un montón de propostas xeniais e máis de 20 ideas de calendarios que podedes facer con material que teredes por casa ou que podedes buscar facilmente no traballo ou en algunha tenda sen ter que gastar case nada.

Xa sabes que eu nunca fun a raíña de Pinterest, así que, se che resulta demasiado difícil a ti ou aos teus peques, simplifícao. Ante todo, desfrutade do momento porque, senón, de que serviría todo isto? Uns sobres, unhas pinzas, un trozo de cartulina ou de papel serven para construír un universo completo!!

Actualización 25 Novembro 2016

Actualizo coas propostas que engadimos este ano. Un calendario moi doado de facer con bolsas de papel reciclado e pinzas que merquei no Tiger. A decoración das bolsas corre a cargo da vosa imaxinación. Neste caso limitámonos a pegatinas variadas e muíños de vento pequeniños.

Colgueino nas guirnaldas de bandeirolas xeniais que nos fixo no seu día a xenial Pilar (hai que aproveitalo todo) pero podedes coller uns cordeis para colgalas.

Tiven que separala en dúas habitacións para evitar ciumes porque na sala non cabían 🙂

Calendario del Adviento del revés

Calendario de Adviento del revés

Calendario de Adviento del revés

Outra recomendación da xenial MamiBlock Jr. non sei se a coñecedes pero ten unha creatividade e uns DIY alucinantes que enganchan. Se queredes exercitar un pouco máis as vosas maniñas collede algunha das súas ideas e a crear.

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Seis actividades para un outono do revés

Seis propostas que poderían ser 600 pola súa versatilidade. Tráioche alguns xogos ou actividades que podes poñer en práctica para dar a benvida ao outono máis un bonuc track. Lembra que en Instagram che sigo dando cada semana varias ideas de xogos, xoguetes, obxectos do día a día e actividades versátiles, sempre buscando abrir fronteiras e desenvolver o pensamento creativo.

Desfruta das Festas de María Pita 2016 en familia

Entrada para gardar en favoritos e consultar ao longo de todo o mes de agosto, xentes do revés. Chegan as festas de María Pita e che damos as chaves para desfrutalas a tope en familia. Teatro, espectáculos na rúa, música e moitas novidades na edición de este ano. Xa non queda nada!

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.