Cómo hablar a los niños sobre la diversidad funcional

15 / 9 / 2016 |

Nun momento ou outro a todos/as nos toca responder a algunhas preguntas dos nosos/as fillos/as ás que non sabes cómo enfrentarte. Hoxe che dou algunhas ideas para achegarte ás persoas con diversidade funcional, compañeiros de cole, nenos que coñecedes, outros que simplemente ven na rúa, familiares, amigos. Todos somos diferentes, todos somos iguais.

Tiña que chegar o momento… e fíxoo, como o fan sempre este tipo de momentos, a traición, cando menos o esperas, como se falases do tempo ou de que hora é… O momento dos “porqués”, ése no que levamos xa inmersos co peque do revés desde hai máis de un ano. Cada vez máis preguntas, cada vez máis difíciles de responder. “Mami, por que esa chica vai en unha silla de rodas?” ou, “mami, ¿por que ese chico non pode andar?” ata o esperado pero non desexado, “por que a miña irmá non fala?”. Durante anos foi un dos seres que mellor a entendeu e segue séndoo, pero é parte do proceso evolutivo de calquera neno. Facerse preguntas. Percibir o que ve ao seu arredor, procesalo, estructuralo, notificar as diferencias ou similitudes entre persoas, situacións ou lugares e buscar motivos.

Seguro que vos ten pasado máis de unha vez. Agora que empeza o curso é máis que probable que no aula do teu fillo/a ou na do lado haxa algún neno/a con diversidade funcional. Quizais sexa un familiar, un veciño/a, un amigo/a ou o seu fillo/a. O feito é que, por máis que a Administración pública siga empeñada en ignoralo en España hai máis de dous millóns e medio de persoas con algún tipo de “diferencia diferencial”. Non padecen nada, non sufren (se non lles fas sufrir), non son seres especiais, son seres humanos. Así que haberá que falarlles aos peques de estas realidades como o que son, ¿non che parece?

Nos últimos anos nos temos enfrentado varias veces a ese momento no que che toca explicar e che aseguro que, aínda que ás veces sexa un trago, agradécese. Agradécese porque se existe pregunta hai interese, ou como mínimo, intención de achegamento e coñecemento. Así que eu, desde hai un tempo, trato de tomarme estas preguntas como unha oportunidade de explicar, de abrir, de derribar muros. Pénsao un segundo, por que os adultos non soemos facer moitas preguntas en estes casos e de feito lles dicimos aos nosos fillos que calen cando empezan a preguntar a gritos sobre unha persoa con diversidade funcional? ¿De que nos avergoñamos? A mín non me molesta nada que un neno/a me pregunte pola peque. Non é o meu momento preferido do día, pero ten o seu lado bo.

Que debes dicirlle ao teu peque cando che pregunte por ese compi do cole, polo seu primiño ou o seu veciño de arriba con diversidade funcional?

*Por suposto, non hai fórmulas maxistrais, como en nada en esta vida. A explicación sempre debe adaptarse ao nivel de desenvolvemento e comprensión do teu peque. Se o aturullas con datos que vai ser incapaz de procesar acabará por non entender nada e, seguramente, optará por crearse a súa propia historia, a súa explicación particular que seguro que será máis bonita que a túa, pero moito menos precisa.

Este consello te servirá para calquera outra explicación detallada que debas darlle ao teu fillo/a ao longo da súa vida: coloca a túa mirada á altura da súa para que poidades mirar xuntos na mesma dirección. Sempre é a mellor forma de achegarse en busca de comprensión e conexión.

Los niños y la diversidad funcional

Cada uno disfruta de la vida, de la playa y la naturaleza a su manera

*Céntrate sempre no positivo. Outro consello que pode ser algo así como un comodín aplicable a calquera faceta da vida de novo. Nunca fagas fincapé nas diferencias de maneira negativa. Que vas aportarlle de este modo? Focaliza sempre nos aspectos máis positivos ou, cando menos, anímao a que el/ela o faga. Empurrar unha silla de rodas pode ser toda unha aventura para un neno. Tamén o pode ser aprender lingua de signos ou linguaxe braille ou quizáis simplemente buscar formas diferentes, creativas e orixinais de xogar co seu compañeiro/a o amigo/a.

*Repetimos, sempre en positivo. Seino, son unha pesada, pero dígocho por experiencia propia. O victimismo e a mágoa só crean barreiras, así que cuida un pouco a linguaxe cando lle fales ao teu peque de alguén con diversidade funcional. A ver se entre todos/as somos capaces de darlle unha patada enorme ao “pobrecito”, “pobriño”, “hai que coidalo”, “vaia por Deus!” e expresións similares. Ningunha relación de respecto, de igual a igual, baseouse xamáis en este tipo de mensaxes. Evitémolas, por favor.

*Un toque de ilusión non lle vén mal a ninguén. Son moi pero que moi pouco partidaria, por non dicir que as borraría con unha goma máxica de calquera conversa, de outro tipo de expresións que tiven que engulir unhas cantas veces. Ésas que atribúen unha xordeira, unha cegueira, unha lesión cerebral ou un síndrome a algo así como unha variña máxica que as coloca no globo terráqueo buscando sempre familias “especiais”. Seino, é unha palabra moi socorrida esta de “especial” ou “diferente” e, desde logo, na súa orixe non tiñan estes términos ningún tipo de connotación negativa pero o certo é que creo firmemente que é necesario ser xustos/as e atribuír estes adxectivos a quen en realidade os merece: toda a humanidade.

 

Es boa, es lista, es importante

repítelle unha e outra vez a nanny á nena como en unha especie de mantra. Miramos embobados aos nosos/as filliños/as nos seus berces e pensamos no especiais que son, o moito que lles queremos e o que fariamos por que fosen felices. Acaso non son todos e cada un de eles os seres máis especiais e diferentes do planeta?

Todos somos diferentes e especiais, así que, se queres buscar algo de maxia e color para falar da diversidade funcional vas ter que exprimir un pouco máis a materia gris. Ás veces é abondo con versionar as súas propias explicacións, as que os propios nenos/as nos facilitan, que poden ser tan creativas e ao tiempo tan aproximadas á realidade que nos deixan coa boca aberta. Podes usar tamén, por suposto algún tipo de símil ou paralelismo con un conto ou historia que coñezades e no que se fale da “diferencia” ou de alguén diferente. Pero se a eles non se lles ocurre nada e a ti tampouco, ¡atente ao guión! Explícao con naturalidade e cercanía, con palabras que poidan comprender e intentando implicar ao teu fillo/a para que, cando menos, teña unha certa empatía e interese por achegarse a ese neno/a.

*Intereses forzados. Non hai nada que interese menos que aquelo que non te motiva. Se algo non che atrae nin te emociona prestaráslle a atención mínima imprescindible para sair do paso. Lembras cando os teus pais che dicían que tiñas que xogar co “fillo de fulanito”? ¡A cara de agobio que se che poñía e o a desgana que o facías! Imaxínate o que pode sentir o teu fillo/a se lle dis que ten que xogar con un neno porque está en silla de rodas ou non pode ver ou falar. Seguro que non lle emociona, iso sen esquecer o feito de que que unha persoa teña diversidade funcional non implica que sexa a máis agradable e simpática do mundo nin que teña que conectar contigo ou os teus fillos/as (obvio aquí o feito de que en moitos casos existen algúns obstáculos que dificultan esa conexión e que son as que temos que tratar de superar).

Fomenta el acercamiento con otro tipo de estrategias que no sean tan directas. Busca propuestas de juegos que puedan interesar e implicar a ambos o alguna actividad que puedan compartir. A veces es difícil, lo sé, no me lo tienes que decir, pero siempre hay alternativas: un paseo por un nuevo parque descubriendo sus tesoros, un juego sensorial, que suele atraer a niños/as de gustos y capacidades muy diversas, etc…

Creo que se me ha quedado largo y hay muchas cosas en el tintero, mucho que abordar, muchas dudas que afrontar. Pero hay una fórmula que nunca falla: hablar con honestidad y desde el corazón. Todos diferentes, todos iguales. No hay más… ni menos.

Compartir:

Tamén che pode interesar...

OS SEGREDOS DA CREATIVIDADE

Ser creativos ou non selo, velaí a cuestión. Admiramos a pintores, cantantes, debuxantes, escritoras ou compositoras pensando que nós non temos esa capacidade e tratando de fomentala nos nosos/as fillos/as. Pero, realmente é certo? Todas/os somos seres creativos. Nacemos con esa capacidade e temos que desenvolvela. Podemos desenvolvela. Non deixes que ninguén che faga crer o contrario a ti nin aos teus fillos/as.

Conciliación do revés tamén en Nadal

Preparados, listos… Xa está aquí o Nadal e a loucura. chegou o tempo no que tes que facer cábalas sobre como coordinar horarios cos peques sen cole, o traballo, as compras… O Mundo ao Revés ao rescate con plans de conciliación variados para todos os gustos!

Se queres conciliar e emprender temos que falar

O contacto humano, poder sentarte a tomar un café coas túas clientas e charlar é marabilloso. A cercanía, a creatividade e a personalización no trabajo son os distintivos dos servizos de comunicación de Omundoaoreves pero… Que pasa cando non podes quedar e os teus horarios son de tolos/as? Pois que tamén podemos buscar unha solución. Porque sei o que é emprender tratando de conciliar. Porque sei o que é facer malabarismos coas axendas mentres tratas de sacar adiante o teu negocio tráioche as novas opcións de servizos online de Omundoaorevés comunicación.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.