Cociña e viñetas para tardes de choiva

20 / 1 / 2016 |

Novas propuestas lúdicas e de formación no MAC. Remata o ciclo Do Re Bip, pero chegan talleres de cociña e cómic para peques.

Hoxe che traio un post rapidiño porque quería compartir contigo unhas actividades que me parecen xeniais e que non teñen cabida na axenda ao ser de longa duración. Xa sabes que o MAC conta con unha programación de actividades para todos os públicos. Habitualmente comparto contigo na axenda as citas de Música en Familia con concertos cada dous domingos e que se pecha xustamente este domingo, día 24 con unha viaxe a través da música do século XX ás 12.30 e unha sesión de música electrónica de Juanma Lodo ás 11.30.

As propostas que che traio hoxe son:

Viñetas no museo: taller de cómic infantil

Nenos e nenas de 7 a 14 anos.

Datas. Sábados de 13 de febreiro a 19 de marzo de 2016

Horario. De 12 a 13.30 horas.

Prezo. 45€ (6 sesións, 9 horas).

Prazas limitadas. 15 personas.

Inscrición. Ata o 11/2/2016 entregando a folla de inscripción cuberta xunto co importe en efectivo na recepción do museo.

Este taller baséase no emprego do debuxo como ferramenta de expresión e comunicación. Os nenos obteñen a maior parte do que se lles transmite a través da televisión e de outros medios audiovisuais. Por esta razón é importante inicialos na linguaxe icónica, de maneira que aprendan a interpretar o sistema de códigos da imaxe, creando en eles unha conciencia que lles axude a desenvolver un criterio analítico.

Por iso estudiarán como se elabora un comic, cales son as súas bases, as técnicas de creación de personaxes, etc.

Taller de cocina infantil en el MAC

Cook &Play

Para nenos/as de 6 a 10 anos.

Fechas. Sábados do 13 de febreiro ao 5 de marzo de 2016.

Horario. De 17.15 a 18.45 horas.

Prezo. 45€ (4 sesóons, 6 horas).

Prazas limitadas. 15 persoas.

Inscrición. Ata o 11/2/2016 entregando a folla de inscrición cuberta xunto co importe en efectivo na recepción do museo.

Con Cook & Play aprenderán de forma divertida hábitos de alimentación saudable, sempre mediante xogos e dinámicas de grupo. Trátase de despertar o interese polo mundo culinario e aprenderán o divertido que resulta ser chef. Os peques coñecerán o asombroso e saboroso mundo da repostería e as chuches e crearán os seus propios mundos con estas materias primas tan deliciosas. Este obradoiro axuda a fomentar a creatividade e desenvolver a imaxinación a través do arte na cociña, onde os nenos e as nenas son os protagonistas do lema: coa comida sí se xoga!

Compartir:

Tamén che pode interesar...

As cores do arte

Abre as súas portas na cidade un novo local, un centro multidisciplinar e inclusivo, unha proposta artística chea de cor, e non só nas súas portas

Seguindo a senda de Pippi

Contámosvos as novidades fresquitas fresquiñas que nos traen Langstrump e a Langstrump family, un campamento de verán para espertar os sentidos e unhas mañás dignas da gran Pippi para o curso que vén.

música, niño tocando música

Plans festivaleiros familiares en Galicia

Propostas festivaleiras familiares para un veran completo. Porque quedarse en Galicia non ten por que ser sinónimo de un veran aburrido. Música, actividades, concertos ao aire libre durante dous meses a ritmo de unha ou dúas propostas cada semana.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.