Magín Blanco e Uxía en Canta o Cuco, fotografía de Juan Luís Rúa

Canta o cuco, cando os versos de Manuel María botaron a voar

Este traballo que escollín dame moitas satisfaccións, a verdade. Unha de elas é a de poder falar con xente á que admiro como Uxía e Magín Blanco. Dous dos grandes do panorama musical no país que acaban de sacar á rúa un fermoso disco no que versionan temas do grande poeta Manuel María. En “Canta o cuco” os versos do poeta chairego botan a voar.


Nunha época na que os recitais de poesía son algo propio duns poucos culturetas dúas das figuras máis relevantes do panorama musical galego lánzanse a musicar poemarios de Manuel María. Quizais estean tolos? Pode ser, xa sabedes que todos...

Volven os monicreques por Nadal

Tráioche fresquiños todos os datos (sinopses, idades recomendadas, lugares, horas) do Festival de Títeres María José Jove. Un clásico para as tardes de Nadal en A Coruña do que todo peque debería desfrutar unhas cantas veces. As entradas xa están á venda.


Volve ás nosas pantallas un clásico da época sen o que as tardes de vacacións serían moito máis aburridas. O Festival de Títeres  María José Jove, que organiza esta fundación en colaboración co Concello de A Coruña. As entradas...

Conciliación do revés tamén en Nadal

Preparados, listos… Xa está aquí o Nadal e a loucura. chegou o tempo no que tes que facer cábalas sobre como coordinar horarios cos peques sen cole, o traballo, as compras… O Mundo ao Revés ao rescate con plans de conciliación variados para todos os gustos!


Con ou sen aguinaldo, o Nadal está ao caer e moitos/as temos que facer malabarismos para conseguir chegar a todo: traballo, preparación de festas, compras… Se a iso engadimos o pequeno detalle de que os peques están de vacacións...

Aprendendo coa arte

Tráioche hoxe un pequeno clásico na axenda coruñesa que ningún peque de 0 a 4 anos se debería perder. Talleres e espectáculos gratuítos que achegan o arte e todas as súas potencialidades aos nosos peques. Esta semana na Fundación Barrié.


Todo un mundo de oportunidades de aprendizaxe. Iso é o que nos ofrece o arte e nós somos responsables de tratar de aproveitalo usando todas as ferramentas ao noso alcance. Unha desas poderosas ferramentas é o ciclo “Despertamos a...

Descubrimentos do revés en Coruña en Familia

Resumo de un sábado en familia con Madresfera e Hiperbebé Coruña. Como contalo todo sería un suicidio, resumo a miña experiencia e algunhas marcas e cousiñas que descubrín en este encontro no que ademáis coñecín a moitas bloggers requetesimpáticas.


En redes sociais estiven dándoche a tabarra (pero só un pouquiño) co encontro Coruña en Familia que organizaban este sábado, día 7 , Hiper Bebé Coruña e Madresfera. Como xa sei que non fostes tod@s -primeiro porque non caberiádes no...

Axudando a criar en brazos

Convídote a darte unha volta pola tienda “En brazos” e o seu novo espazo online Apego.es. É un local pequeno, con atención personalizada e asesoría, especializado en crianza con apego. Alí atoparás berces coleito, portabebés, cueiros de tea, cremas…e, probablemente, un sorriso e un consello.


Novo descubrimento para embarazadas, mamás e papás de peques coruñeses. A tenda En Brazos leva aproximadamente un ano coas súas portas abertas na cidade e acaba de abrilas tamén online, para servir productos a toda España. Trátase de un concepto...

Palabra de mamá do revés

Hoxe cóntoche a miña promesa ao peque do revés para protexer o noso planeta e che falo da iniciativa teloprometo.org. Porque estou convencida de que as pequenas accións de moitas persoas en todo o planeta son as que poden cambiar o mundo.


En estas últimas semanas, ao peque do revés deulle polos libros sobre a natureza: a selva, os golfiños, etc. Así que tiña a excusa perfecta para abordar un tema que ninguén pode obviar: o noso planeta e a nosa...

Ñam Ñam, un libro para comelo enteiriño

Hoxe tráiovos unha micro-reseña con banda sonora incorporada de Ñam Ñam un libro da editorial Combel pensado para peques de 0 a 5 anos que nos enganchou desde o primeiro momento. Xa é un clásico na casa do revés e iso, asegúrovos, non é nada pero que nada fácil.


Pequeniño, pero matón, o conto Ñam Ñam foi todo un descubrimento para os meus peques en estas últimas semanas. En apenas uns días convertiuse en un pequeno clásico para eles coas súas preciosas imaxes, a súa sinxeleza e, sobre todo,...

Domingos musicais na Fundación Luis Seoane

Estreamos mes con novas propostas das que nos gustan. Música de calidade, concertos gratuitos durante todo o mes de novembro e nun dos espazos máis fermosos adicados ao arte e a cultura na Coruña: a Fundación Luís Seoane.


Empezo con unha confesión, téñolle un especialísimo apego a ese edificio tan carismático no que se ubica a Fundación Luis Seoane, por razóns que non veñen ao caso. O certo é que creo que todos debemos pasar por el...

Unha de pantasmas II

Segunda parte da nosa selección de propostas de ocio e educativas para Samaín/Halloween. Conciliación, diversión e moita festa nas citas que temos seleccionado para a finde máis terrorífica.


Estaba claro que volveríamos á carga con este tema. Era imposible non facelo. A oferta de actividades, minicampamentos, festas e propostas variadas para a ponte de Samaín/Halloween/Todos os Santos multiplícase e sabemos que andades como tolas/os buscando as máis...

A miña lista de imprescindibles en Instagram I

O Mundo ao Revés aposta polas tendas e emprendedores coruñeses, é evidente. Por iso tamén compartimos en Instagram (ademáis de retazos da nosa vida) os pequenos descubrimentos que facemos na nosa cidade, pero… E qe hai dos descubrimentos que Instagram nos deu? Eses flechazos online merecen ser compartidos.


O que Instagram me deu, a Instagram llo devolvo. Non é un segredo que as redes sociais son fonte constante de inspiración, lugar no que realizamos descubrimentos e se producen auténticos flechazos. É máis, ás veces, mesmo descubrimos a...

Xoguetes para un mundo mellor

Máis novidades para que non vos perdades nada do que pasa na cidade. Novo rinconcito para visitar na Coruña, a primeira xoguetería ecolóxica herculina abriu as súas portas este mes en Zalaeta e nos achegamos a coñecela.


Lucas é un maquinista que vive xunto á súa locomotora Emma na illa de Lummerland, un lugar marabilloso no que ninguén discrimina aos demáis pola súa cor ou ideas e no que un bo día aterriza Jim Boton, un...
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.