Carta a ese pai da mesa do lado

31 / 8 / 2015 |

"Yo no ayudo a mi mujer" arrancaba un artigo escrito polo psicólogo Alberto Soler e que se convertiu en viral hai semanas. Hoxe escribimos unha carta aberta ao pai da mesa do lado, carta que non quixéramos escribir, feitos reais como a vida mesma e que nos lembran que segue habendo xente moi pouco #DelRevés #DoRevés.

Non te vou converter nun símbolo, non o mereces, diso estou ben segura. Máis ben es algo que quero esquecer que existe pero que necesitamos lembrar de cando en vez, só para que non recuperes xamais todo o terreo que perdiches. Escríboche esta carta a ti, sí, pero dedícolla a todos os pais, tíos, avós e irmáns del revés do revés que hai polo mundo, que son lexión e que espero que acaben abducíndote sen tan sequera enterarte. Porque non creo que o fagas por gusto non, ninguén se desentende dos seus fillos a mala fe, diso estou segura.

O certo é que non te coñezo (nin ti a min), pero si recoñezo o teu modus operandi. Tomabamos algo nunha terraza pouco concurrida nun tranquilo día de agosto. Os meus fillos xogaban, bebían un zumiño compartido, saltaban na zona máis próxima ao restaurante. Ti estabas coa que presupoño que era a túa parella e as túas dúas pequenas, unha duns 3 ou 4 anos e a outra apenas un bebé duns meses. A cousa non se presentaba mal ata que primeiro unha r despois a outra decidiron que o de ir de terrazas non era o seu plan para o día.

Señores do revés, non se deixen amedrentar, estes seres mitolóxicos perviven e resistirían ata un ataque nuclear, pero cada vez son menos

A túa filla maior arrancou nunha pequena rabieta (asegúroche que as vin moooooitooo máis serias, das que che farían perder o pelo que che quedaba na cabeza) e se lanzou a chorar e protestar por algo. O certo é que, aínda que non o creas, non me meto nas vidas alleas que bastante teño coa miña, así que non sei realmente cal foi o detonante da cuestión. Cando se tranquilizou un pouco foi o bebé quen decidiu demostrarnos que tamén tiña algo que dicir en esta vida con uns choros, en este caso sí, comparables a alguns dos más competitivos dos meus peques del revés do revés.

O importante no son estes feitos en sí, senón a túa actitude frente aos mesmos. Nin te inmutaches prácticamente nin ante as protestas de unha nin ante os choros desesperados da outra e, aínda que era evidente que se trataba das túas fillas non fixeches nada, non trataches de calmar á pequena nin moviches un dedo para collela e tampouco fixeches grandes esforzos por xestionar de ningunha forma a perrenchiña da maior. Para que ías facelo? Xa estaba alí a túa parella encargándose de todo!!! Creo lembrar que chegaches a soltarlle un par de frases á túa peque grande, sen máis. Buff, non fora ser que te herniases, tranquilo, menudo esforzo!! Ti estabas alí para terracear así que ningunha das túas fillas ía amargarte o picoteo. De feito, dubidei entre facerte un traxe ou erixirche un monumento pola túa incomparable flema e autocontrol, non vaia ser que en realidade estiveses reconcoméndote e aguantándote as ganas de facer algo durante todo ese rato… Pero dáme a mín no nariz que non.

Nin te inmutaches practicamente ante as protestas de unha das túas fillas ni os choros desesperados da outra. Para que? Xa estaba alí a túa parella para encargarse de todo!

Xa digo que non te coñezo, pero sí te recoñezo perfectamente. Es curmán do pai que se negou a semana pasada a erguerse do banco para ir a columpiar aos seus fillos cando eles e a nai dos pequenos o chamaban sen cesar, familia de sangue tamén do marido dunha ex compañeira de traballo que nunca ía ás revisións médicas nin ás reunións cos profesores da súa filla (cando non lle poñían ningún problema no traballo para collerse as horas) e casi diría que irman de outro “ser humano” ao que coñezo que protestaba y rosmaba cada vez que había que bañar ou cambiar o cú dos seus peques… e xa nin che conto cando tocaba “atendelas” estando de cañitas.

Señores del revés do revés, non se deixen amedrentar!  Estes seres mitolóxicos perviven e seguramente aguantarían ata un ataque nuclear pero ¡cada vez son menos! E, o que é moito máis importante,  estánse a perder a grande aventura de criar e desfrutar dos seus peques! As familias, os equipos, os núcleos humanos del revés do revés, os homes, os pais, as nais, os equipos humanos que comparten realmente as responsabilidades son infinitamente máis felices, eche o que ten repartir o estrés e vivir implicándote no que fas.

Es irmán de outros pais que rosman cada vez que hai que bañar ou cambiar cús dos seus peques

Padre, bebé, paternidad, padres e hijos

Hai unhas semanas un psicólogo español revolucionou as redes cun artigo que se convertiu en viral polo seu provocador título e o que contiña “Yo no ayudo a mi mujer en casa”. O certo é que nin a mín nin a moitas das familias e equipos humanos que coñezo lles impactou moito este título porque é, desde o inicio do “noso tempo como tal parella ou equipo” un feito incontestable: as responsabilidades da casa na que convives, o coidado dos peques non pertencen a un ou a outra son simple e llanamente parte da vida que compartes, do teu día a día en común e, como tal, repártense todo o equitativamente que se poida en función das circunstancias laborais e/ou personais de cada uno/a. Nada máis e nada menos.

Así que, remato esta carta, baseada total e completamente en feitos reais, como esas pelis coas que durmes a sesta, desexándolle ao home da mesa do lado que abra os ollos antes de que sexa demasiado tarde e el e a súa parella se convirtan en seres infelices e amargados cando poden ser del revés do revés ou máis ben do dereito neste caso 😉

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Granxas escola en Galicia

Un listado completiño para que poidas planear a túa fin de semana ou as túas vacacións diferentes. Todas as granxas escola que están operativas en Galicia na actualidade, con visitas guiadas e máis información. Acaso o vas perder?

Imos xogar do revés

Xogar e xogar e volver xogar, do revés, sempre do revés. Para adiantarte á celebración do Día Internacional do Xogo explícoche algo sobre a importancia de que os nosos peques xoguen moito e da forma máis libre posible. Imos aprender a mirar o mundo con ollos de neno/a e a descubrir novas realidades en obxectos cotiás. Imos xogar do revés, imos desfrutar da vida 🙂

O xiz e o street art infantil

Un paquete de xiz, un parque, unha praza e a crear! Deixóche coa colaboración de este mes de Paula Verde, sempre coas súas imaxes que traspasan. Pensaches algunha vez en todos os beneficios de convertir aos teus peques en artistas de rúa? E non, non hai que poñer a gorra para recaudar 🙂

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.