Carta a todos os profes Do Revés

15 / 9 / 2015 |

Lanzámonos de novo co xénero epistolar con unha carta en unha botella a todos os profes profas #DelRevés #DoRevés. Porque sabemos que hai moitos/as, aínda que alguns aínda nin o saiban, porque sabemos que tod@s necesitamos pararnos a reflexionar un pouco e, por que non, que nos animen de cando en vez ou tan só que nos fagan reflexionar.

Psssss, psss, sí fáloche a ti, profe, non aos profes dos meus fill@s, non, con eles xa podo falar á entrada ou á saída do cole, ou nas titorías. Fáloche a ti, escríboche a ti, profe de infantil e primaria de calquera centro de fala hispana ou galega de este planeta. A ti que acabas de empezar a traballar con toda a ilusión do mundo e aínda non sabes os golpes que vas levar contra mil paredes e a ti que levas 30 anos exercendo e xa tes o cú pelado. A tod@s vós quérovos dar unha soa mensaxe: CREDE NOS VOS@S ALUMN@S, CREDE NOS NOS@s FILL@S.

Seguro que para ti, a que acabas de empezar, no teu primeiro ano, con toda a preparación do mundo e mil ideas pendentes de aplicar, o que estoy dicindo soarache redundante, pero non me importa porque sei que é necesario, é máis, pronpóñoche algo, garda este texto e revísao dentro de 10 anos. Se para entón non mermou nin un ápice a túa ilusión e as túas gañas de ensinar ou, mellor dito, de facilitar que os teus alumn@s aprendan, quedamos e te convido a o que queiras porque merecerás realmente ser chamada profesora/profesor.

Porque sei, porque sabemos, que o camiño é duro, a profesión dun mestre/a, profesor/a está sementado de papel maché, ceras, pinturas de todas as cores, cartulinas, goma eva, libretas con debuxos marabillosos e ata confetti… Pero tamén tropezará unha e outra e outra vez con métodos educativos que cría idóneos e resultaron encorsetantes (léase fichas, normas asfixiantes, etc), un programa que hai que cumprir sí ou sí, a incomprensión e falta de colaboración de moitas familias (non imos negalo, a educación é un traballo de equipo) ou as dificultades para conseguir uns recursos materiais e humanos que necesitan como auga de maio.

É difícil, frustrante, mesmo cando se intenta de verdade pero… paga a pena intentalo! Un amigo de un amigo #DelRevés #DoRevés contounos unha experiencia que nos resultou realmente reveladora. Un profesor propúxose en cursos pasados impartir unha parte da súa materia de unha forma totalmente diferente a como o fixera ata ese momento. Implicou ao alumnado en un traballo por proxectos co que tod@s estaban motivad@s, traballaban de unha forma totalmente experiencial e interiorizaban moito mellor todo o aprendido. O resultado foi exactamente o buscado: alumnado motivado que aprende pero… algo fallou. E foi, por suposto, o sistema. O profesor tivo que dedicar tanto tiempo a esa parte do temario que non conseguiu rematar por completo o programa para ese curso e decidiu que tería que reformular aquel traballo por proxectos que tan ben lle funcionara.

Dibujos, lápices

Algo grave está pasando, algo falla e non é só culpa dos recortes. É máis, eliminaría a palabra culpa, é unha cuestión de responsabilidade. Responsabilidade dos gobernantes que non son quen de dirixir máis recursos a algo tan obviamente fundamental como a educación, pero responsabilidade tamén das familias e túa, profe, mestre/a. Non é unha cuestión de culpas, senón de que cada un@ asuma as súas responsabilidades e a túa é tan marabillosa!!! Alentar a nenos e nenas a experimentar, a desfrutar aprendendo, a xogar para aprender, conseguir que haxa ansia de saber, que ninguén se agobie por non lembrar o nome de un señor importante en unha guerra ou do año en que se realizou un descubrimento… Porque, se consegues iso, terás conseguido unha pequena revolución.

Os teus alumnos non precisan datos para memorizar, senón historias que vivenciar; non necesitan aprender a gardar unha fila nin a colocar os pupitres en liña, senón aprender a convivir uns con outros, a aunar esforzos e traballar en equipo cando sexa necesario; non precisan recibir leccións maxistrais sentados en un pupitre, senón poder entablar un diálogo contigo e os seus compañeiros para analizalo TODO; non precisan un horario no que non cabe nin un minuto para pensar e no que todo está medido, precisan ter tempo para que as súas ansias de saber crezan, tempo para non pensar; non precisan pintar en unha ficha por dentro de unhas liñas ou repetir uns esquemas, senón poder descubrir que pintar lles apaixoa...

Ánimo, sei que poderás facelo se o intentas. Ao fin e ao cabo tes a profesión máis fermosa do mundo.

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Libros con música para regalar aos máis pequenos

Unha aposta segura para estas festas, regalar libros con música. Libros para ler, mirar, desfrutar e non parar de bailar e escoitar en diferentes situacións. Tráioche unha lista con rock, jazz, música para cociñar, contos máxicos e unha radio moi moi divertida. Vés? Preséntoche a Pakolas, Radio Bule Bule, Camiños, Eu cociño, ti cociñas?, María Fumaça, as que máis molan!!

Educación de toda a vida

A frase máis perigosa da historia, “sempre se fixo así”, “a min facíanmo e non saín tan mal…”. A sentencia de morte de calquera esperanza de evolución e mellora da raza humana en xeral e da educación, en particular. Porque nada poderá mellorar en este mundo se non afrontamos cambios. Se perpetuamos nas novas xeracións algunhas formas de ver o mundo que xa deberían ter desaparecido no teremos avanzado no noso obxectivo de mellorar as vidas dos nosos fillos.

Alemán divertido para nenos

Hoxe tráioche unha recomendación por se queres empezar 2017 con novas propostas de aprendizaxe para os teus fillos ou mesmo para ti. Algunha vez pensaches no alemán como posibilidade de extraescolar para os peques? Preséntoche Mi centro alemán, un lugar no que aprender disfrutando e xogar aprendendo que, ademais, che ofrece tamén un sistema de clases por vídeoconferencia se queres estudiar a distancia.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.