Buscando o equilibrio

29 / 7 / 2015 |

A nosa colaboradora Paula Verde tráenos unha imaxe, unha das súas fotos con mirada propia e nos explica, ademáis, o que para ela significa. Paula é nai de tres nenos marabillosos, uno deles, Héctor, ten autismo e a súa nai fálanos coas súas imaxes e palabras do que a diversidade lle aportou e debería aportar a toda a sociedade.

Hai pouco vendo unha foto de Héctor xunto a unha pequena balanza antiga veume á cabeza unha reflexión que interpretaba un pouco aquela metáfora visual…
A balanza estaba máis inclinada de un lado que de outro e Héctor volvíase tolo por poñela en equilibrio…. e daquela pensei que isto é precisamente o que intento facer constantemente na miña cabeza cando penso no que a diversidade funcional de Héctor supuxo na miña vida.
Nun lado temos as cousas que nos quitou ou as que nos supoñen dificultade e non son precisamente poucas…

Limítanos na actividade diaria, xa que en ocasións polas súas citas médicas e terapias non é compatible coa vida laboral, iso da conciliación no caso dos nosos nenos é un pouco utópico (aínda máis utópico que no resto dos casos, se cabe). Reduce enormemente a nosa vida social, xa que moitos dos que considerabamos “amigos” non son capaces de seguir o noso ritmo ou simplemente non están dispostos… porque se hai algo que é certo é que hai moita falta de empatía da sociedade en xeral. Afecta por suposto á nosa saúde, en moitas ocasións supón un esforzo físico que nos vai deteriorando, pero sobre todo mental, que sumado á falta de horas de sono diminúe o noso nivel de paciencia ata límites insospeitados. Rómpense  moitos soños e ideas preconcebidas que construíramos na nosa cabeza. Supón unha pelexa constante coas administracións por defender uns dereitos que, existindo, non se respectan a todos os niveis: sanitarios, educativos, de benestar social…

 

Pero no outro lado temos esas cousas que nos aportou, que nos enchen, que fan ver a realidade máis alá do “común” o “ordinario” o “Normal” (que non é máis que unha maioría estatística)…

 

Axúdanos a ver a vida de outra maneira, a coñecer outras realidades, enriquécenos como persoas

Axúdanos a priorizar o realmente importante, que cousas que antes nos afectaban deixen de doler ou de ter ese gran valor para nós. Da mesma forma que unhas persoas se van, outras veñen no seu lugar, persoas que como fadas madriñas dan un pouco de orde e luz no noso caos (porque é así como o sentimos recén aterrados). Obríganos a formarnos en moitas disciplinas… facémonos un pouquiño médicos, avogados, educadores…para poder axudar aos nosos nenos. Axúdanos a ver a vida de outra maneira, a coñecer outras realidades, enriquécenos como persoas e nos dá capacidade de amosar esa realidade aos demais, que para min é unha das nosas responsabilidades. En moitas ocasións saca de un capacidades que descoñecía, en ese camiño de canalizar a dor e transformala en algo creativo….en arte da maneira que sexa. Un arte que pode ser compartida precisamente cos nosos nenos e desa maneira potenciar as capacidades que eles xa teñen e que moitos non son capaces de ver. Fainos máis fortes e loitadores e nos ensina a movernos na vida no camiño máis adecuado para nós e para eles buscando a maneira que sexa mellor.

Tanto nunha parte como na outra podería seguir enumerando pero xa só estes exemplos son válidos para saber que, polo menos no meu caso, a parte do que me aporta pesa máis que a parte que me quita e é que en realidade eu creo que debería ser así…. se non conseguimos aopar ese equilibrio, polo menos que fagamos que pese máis a parte boa, a riqueza que supón a diversidade e como así debería velo esta sociedade.. Porque o futuro pasa porque en vez de inclusión falemos de convivencia entre persoas diversas e para iso fai falla realmente un cambio de base, un cambio social, un cambio de mirada.

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Música para criar nenos felices

Para celebrar o Día da Música recupero este post que escribín para o blog de GoodMood no que reflexiono sobre a música, as habilidades que nos axuda a desenvolver, distintas metodoloxías de introducción musical e como achegar a música desde o berce. Apetecíame reescribilo para compartilo por aquí con todas/os. ¡Que suene la música!

A casiña do avó Tomás (unha historia sobre a morte)

Achégase a noite de defuntos e, ademáis das festas e celebracións de Halloween e Samaín chega para moitas familias o momento de lembrar aos que xa non están. Hoxe, a nosa colaboradora Paula Verde nos trae unha foto espectacular e un relato sobre a morte e como podemos abordar este tema cos nosos fillos. Non esquezas que, a maioría das veces, se o fixeches ben, eles/as acabarán entendéndoo e asimilándoo mellor ca ti.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.