Balance do primeiro ano do revés ou 2015 GRAZAS

30 / 12 / 2015 |

Amor, ilusión, traballo, horas roubadas ao sono, carreiras de un lado a outro... Como resumir o meu primeiro ano do revés cando aínda non cumprimos ni un ano? Pois con un enorme GRAZAS e unha promesa, en 2016 seremos mellores, cambiaremos sempre para mellorar e poremos aínda máis ilusión e esforzo en todo para ti por ser ti :)

Canto amor cabe en un ano? Canta ilusión? Canto traballo? Canta vertixe? Cantos encontros, camiños que se cruzan ou que avanzan paralelos? Remata o ano en que naceu este proxecto cando o proxecto aínda non acadou nin os 8 meses de vida e sinto a inmensa necesidade de dicir GRAZAS, de botar a vista atrás, como o fan estes días tantas e tantas persoas (sí, non son moi orixinal en iso, pero tampouco me preocupa) e de analizar o camiño polo que avanzamos.

Veña, un pouco de balance e de autotiróns de orella se fai falta:

Máis de 20.000 usuarias/os da web, cerca de 61.000 páxinas vistas… GRAZAS

Fomos candidatas aos premios AJE A Coruña, un honor estar entre tanto/a emprendedor na gala. Agora mesmo estamos nominadas aos premios Madresfera 2015 nas categorías de Educación, Ocio en Familia e Humor, así que aproveito para volver a pedirche que nos votes (ata o 18 de xaneiro hai tempo).

-Conseguimos consolidarnos como a web coa axenda máis completa de ocio en familia na Coruña ( dixen a máis completa, non perfecta, ollo )

-O noso catálogo de recursos tamén se configura como unha das partes máis sólidas do proxecto online, polo que prometo traballar un pouco máis en el, xa que a urxencia de traballo diario obrigoume a deixalo un pouco de lado ás veces.

-Non esquezas que esta web é parte de un proxecto que engloba un labor de acompañamento e asesoría de comunicación para empresas do sector infantil. E en estes primeiros meses conseguimos gañarnos a confianza de empresas como o centro psicopedagóxico Lapis de Cor, In&Out Psicología, o Festival de Cometas Festicor, Musicoterapiactiva, a xoguetería Hola Caracola ou Langstrump, ademais de outros proxectos marabillosos cos que colaboramos como Olladas Paos, Diana FajardoLa Escuela de Mamá, ademáis de todas as nosas colaboradoras: Arkhé espacio educativo, Libolis, Paula Verde e Sira González. A Rocío polo apoio loxístico, aos nenos do revés por poñer o meu mundo patas arriba ser a miña inspiración continua, ao papi do revés por estar sempre aí, a todos os amigos e amigas que non me merezo!!! Un grazas inmenso a todas elas por ter confiado en nós en algún momento ao longo de estes meses e esperamos volver a atoparvos no camiño que debuxaremos en 2016.

-E finalmente, de volta á web, a sección de noticias configurouse tamén como un referente en temas como educación, música, maternidade, estimulación, crianza… E as colaboracións de especialistas, que foron a miña aposta persoal, son xa un éxito e se atopan entre os contidos máis visitados.

Pero o máis importante de todo, en estes 364 días (queda un, non te esquezas) nos que preparei e arranquei este proxecto no deixei de aprender e desfrutar nin unha soa hora, mesmo nas máis duras, así que non podo facer outra cousa que darche as GRAZAS, darvos as grazas a todas as lectoras e lectores, a todas as empresas e persoas que se achegaron a este proxecto, o apoiaron, se interesaron por el ou axudaron a que siga adiante.

Non temos nin 8 meses, aínda estamos en cueiros, imaxínate a de sorpresas que te podemos dar ainda, todo o que imos  disfrutar xuntas. Arriba ese brinde!!!

Ah, e por suposto, déixoche con unha selección dos contidos máis visitados este ano na sección de noticias por se os perdiches. Xa sabes, un clásico de estes días: as cancións máis escoitadas, as mellores películas, os libros máis lidos… Os nosos sete fantásticos posts, un por cada mes de vida que cumprimos

Por qué las coruñesas van a parir al Salnés

 

 

 

 

Regalos con alma, regalos con corazón

Foto de Paula Verde

La vida del revés

iMAGEN-LÍBOLIS-copia-750x408

Dibujos, lápices

El mejor portabebés

Quiero catálogos y anuncios de juguetes con niños reales

Compartir:

Tamén che pode interesar...

O deseño máis útil para nenos en I love Play Time

Mochilas diferentes, diseños gamberros y originales, los mejores complementos, marcas concienciadas con el cuidado del planeta, productos originales y mucho, muchísimo más descubrí en la feria de diseño infantil I Love Play Time Paris la semana pasada. Poco a poco te iré contando algunas de las cosillas que pude ver por allí y te recomendaré las que más me gusten, por supuesto 🙂

De cmo me convertín en ponente de Malasmadres

Se es nais (ou mesmo nai), vives en España e te moves un pouco no mundo online e as redes sociais TES que coñecer ás Malasmadres. Arráncannos sorrisos de complicidade día tras día, fannos reflexionar e enarbolan reivindicacións tan importantes como a conciliación real. Celebran o evento do ano o 10 de xuño e eu serei unha das poñentes.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.