As cores do arte

5 / 5 / 2015 |

Abre as súas portas na cidade un novo local, un centro multidisciplinar e inclusivo, unha proposta artística chea de cor, e non só nas súas portas

Cítome coa coordinadora de La Quinta del Arte, Victoria Queijeiro, despois dunha clase de interpretación. Cando chego ao local, abro a porta. Levan moi pouco tiempo de actividade e a collo en medio da sesión, así que ela, despistada, me confunde cunha alumna de Chema Gagino (a clase seguinte) e me indica cun xesto de confianza que entre a esperar.

Escoito as últimas indicacións e reflexións desde un sofá redecorado  nun espazo reinventado con mobles reciclados e moita cor. Óese e síntese o entusiasmo e as ganas dos inicios e dos que están namorados do que fan, nótase o espíritu de Chus Álvarez, unha das impulsoras deste proxecto.

Como sigo pasando desapercibida son testemuña privilexiada do que sucede, como alguns alumnos repiten e se quedan á seguinte clase de interpretación ante a cámara e como Victoria comenta cun artista a futura decoración dunha das paredes do amplo local -arte e máis arte-. Decídome a desvelar a miña identidade (nunca fun moi boa actriz) e a cambio obteño unha amplo sorriso e unha charla nunha terraza cercana .

Centro multidisciplinar

Falamos de arte, de diversidade, de integración, de inclusión, de superar límites propios e alleos porque isto e moito máis é La Quinta del Arte. Tal e como nos explica Victoria “nos diferenciamos por ser un espazo multidisciplinar no que teñen cabida nenos e niñas, adultos e adultas con ou sen diversidade funcional. Non somos un espazo de terapia, aínda que haxa terapeutas, o que queremos é conseguir que calquera persoa poida implicarse e participar nas nosas actividades en igualdade”.

Clase de Chema Gagino en La Quinta del Arte

Este novo espazo cuenta cunha oferta de actividades que se irá modificando en función da demanda e necesidades dos alumnado pero as posibilidades iniciais son teatro (nenos-adultos), debuxo e pintura(nenos-adultos), danza (nenos-adultos), teatro de movemento (adultos), interpretación ante a cámara (adultos) e realización de curtametraxes (adultos).

Un dos principais reclamos e ademáis puntos fortes do proyecto é o seu profesorado: Victoria Teijeiro, Ana Vázquez, Bárbara Monteagudo, Roberta Venanzi, Andi Irrazábal e Chema Gagino son profesionais da escena, a televisión, a danza e a fotografía. “En moitas ocasións se ofertan actividades para nenos e adultos con diversidade funcional impartidas por monitores, pero nós somos tod@s profesionais das artes escénicas”, relata Teijeiro, “a miña experiencia en iniciativas similares dime que todos aprendemos nunha clase diversa porque, como actor ou actriz, por ejemplo, todos e todas teos sempre limitacións que superar e aprendemos moito de persoas que se enfrentan a limitacións a diario”.

Os beneficios da actividade artística no caso das persoas con diversidade funcional son infinitos: “poténciase a sociabilidade a través de xogos de rol, nos relacionamos moito máis e poden sentirse como un máis do grupo. De feito, en experiencias deste tipo que tiven vía con claridade que é o grupo o que mellor regula os problemas ou incidencias que poida haber polas limitacións ou dificultades de cada alumno”, apunta Victoria.

Máis propostas

Suma e sigue, “a nenos/as, adolescentes ou adultos con algún tipo de discapacidade moitas veces nestes ámbitos concretos non se lles esixe o mesmo que a outros ou se lles trata de forma diferente”, apunta, “aqui esixiremos a cada un en función das súas posibilidades, non da súa condición porque canto máis se lle pide, máis te pode sorprender un alumno/a”.

As posibilidades, como dicía, non rematan coa oferta inicial de clases, La Quinta del Arte aspira a converterse nun auténtico dinamizador do barrio e quieren sacar o arte á rúa implicando aos veciños e veciñas da Torre e Montealto, proporán tamén fins de semana intensivss con clases determinadas, campamentos artísticos para nenos e nenas en veran…

E por se todo isto fora pouco, neste novo espazo tamén están concienciados coas limitacións económicas que existen nestes momentos, polo que os prezos das súas clases están moi axustados e están tratando de tramitar o apoio de algunhas institucións para becar a alguns dos seus alumnos/as.

Puerta de La Quinta del Arte

A resposta, de momento, nos explica a directora do centro, “foi boa, moita xente do ámbito profesional e semiprofesional se achegou a nós porque coñece a calidade do noso profesorado. Agora esperamos que moita máis xente de ámbitos diversos veñan, só teñen que traer ganas de pasalo ben e desfrutar co arte”.

Contan co éxito de Igualarte en Vigo como bo exemplo de que unha iniciativa deste tipo pode funcionar. “Eles xa levan anos e non son un proxecto idéntico ao noso, pero, desde logo, o espírito é similar e son unha mostra de que se pode traballar profesionalmente no mundo do arte apostando pola inclusión”, conclúe Victoria.

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Unha casa na que cabemos todos

E se unha galiña se comese a un caracol? Que pasa se che digo que as mozas xa non queren ser princesas, que Picasso tamén tiña fallos ou que a vida está chea de cores, tonos e calidades diferentes? Pois pasa que entras en La casa de Carlota e xa non queres sair. Preséntoche este proxecto que me roubou o corazón, un estudo de deseño único no mundo e xenialmente diferente.

Como educar aos nenos na orde

A eterna batalla: recolle os xoguetes, non deixes todo tirado, colga o abrigo… Cantas veces repites esas frases cada día? A orde e a organización son un hábito que se pode e se debe instaurar na súa vida desde que son bebés. Imos descubrir cómo da man da organizadora profesional Adelaida Gómez. Vés?

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.