Aprendendo coa arte

18 / 11 / 2015 |

Tráioche hoxe un pequeno clásico na axenda coruñesa que ningún peque de 0 a 4 anos se debería perder. Talleres e espectáculos gratuítos que achegan o arte e todas as súas potencialidades aos nosos peques. Esta semana na Fundación Barrié.

Todo un mundo de oportunidades de aprendizaxe. Iso é o que nos ofrece o arte e nós somos responsables de tratar de aproveitalo usando todas as ferramentas ao noso alcance. Unha desas poderosas ferramentas é o ciclo “Despertamos a las artes” que organiza a Fundación Barrié de la Maza e que está destinado a un dos mellores públicos que existen, peques de 0 a 4 anos. Como usuaria que repetiu varios anos só podo recomendarvos participar nos espectáculos abertos ao público e, aínda que chegue un pouco tarde, animar aos centros e aos profes a que se apunten aos talleres.

A crise, que non perdoa, reduciu o programa nos últimos anos. Recordo ter acudido a tres espectáculos diferentes en outras edicions (este ano só hai un espectáculo aberto a todo o público), tamén solían programar talleres para familias, que tampouco nos perdíamos, e outros para profesionais da educación, mentres que este ano apostan tan só por talleres para profesorado.

En todo caso, sendo ésta a oferta dispoñible non podedes perdela. Sobre todo porque cando o ciclo duraba varias semanas acababa corréndose a voz e nas últimas citas era casi imposible conseguir invitación (cheguei a ir case unha hora antes de empezar o reparto de invitacións e marcharme de vacío), pero como agora se concentra todo en unha semana, a verdade é que nin dá tempo a que funcione o boca a boca.

Aquí queda o programa completo e detalles para que non te perdas nada:

Espertamos ás Artes diríxese a nenos e nenas no seu contorno familiar, con espectáculos durante as fins de semana, e no ámbito escolar, con sesións entre semana para centros educactivos. A edición deste ano do ciclo intensificará o seu enfoque educativo coa programación de obradoiros dirixidos a profesionais da Educación Infantil.

Con Espertamos ás Artes, a Fundación márcase o obxectivo de ofrecer unha proposta didáctica na que bebés e nenos de ata 4 anos gocen de espectáculos creados para potenciaren a súa sensibilidade e se acheguen por primeira vez ao mundo do teatro e da música nun espazo escénico especificamente adaptado a eles.

Para saber máis clica aquí.

Espertamos ás Artes 2015, A Coruña: espectáculos e obradoiros

ESPECTÁCULOS

Aupapá, espectáculo de danza e teatro para bebés, Fundación Barrié, A Coruña

Aupapá

Compañía: ZigZag Danza

Idea orixinal: Estrella García e Miguel Quiroga

“Aupapá” é un espectáculo para nenos e nenas de 0 a 3 anos acompañados de mamá ou papá para que os upen. Trátase dun traballo dos sentidos onde a ambientación, os sons, os xestos e o movemento crearán unha atmosfera pracenteira, un reduto de observación tranquila a un tempo fóra do ritmo cotián.

FUNCIÓNS

Xoves 19 e venres 20 de novembro

Sesións escolares: 09.45h /10.30h / 11.15h / 12.00h / 12.45h

Capacidade do local limitada a 25 niñ@s acompañados por profesores

Duración 35 minutos

(Previa reserva no teléfono 981 060 095, de martes a venres, de 12.00h a 14.00h e de 18.00h a 21h. A partir do 10 de novembro)

Historias con Candela, contacontos, Fundación Barrié

Historias con Candela

Compañía: Eugenia Manzanera

Dirección e interpretación: Eugenia Manzanera

Música: Iovis Fernández de la Cruz

Todas as mañás o día dá a luz… Nace o sol nace a terra nacen as cores… Bríllannos os ollos, a boca bocexa, a nena nace, esperta… Achégase ao sol …e o sol dálle nome: “Candela chamaraste, xunto a ti todo lucirá”. Todo “conta” nesta sesión de contos, a “contista” utilizará, o seu propio corpo, a súa voz, luvas-animadas, obxectos (os obxectos está vivos, teñen o seu fluír, posúen historias, texturas, palabras, sons rápidos ou lentos), e por suposto libros (libros como caixiñas que encerran cores, personaxes, palabras…) Un dedo, unha luva, monicreques, unha folla, un barco, unha canción, unha ladaíña… sensacións, poemas, ritmos, tons e silencios para viaxarmos a través do mundo do conto.

FUNCIÓNS

Sábado 21 e domingo 22 de novembro

Sesións familiares: 11.00h, 12.30h e 18.00h

Capacidade do local limitada a 50 nenos acompañados cada un por un adulto

Duración 35 minutos

Repartiranse invitacións a cada niñ@, 60 minutos antes de cada espectáculo

 

OBRADOIROS

(Previa reserva no teléfono 981 060 095, de martes a venres, de 12.00h a 14.00h e de 18.00h a 21h. A partir do 10 de novembro)

Obradoiro de danza

Compañía: ZigZag Danza

Xoves 19 de novembro. De 18:30h a 20:00h

Dirixido a profesores e outros profesionais

Capacidade do local 14 participantes

 

Tirando do fío

Compañía: Eugenia Manzanera

Venres 20 de novembro. De 18:30h a 20:00h

Dirixido a profesores e outros profesionais

Capacidade do local 14 participantes

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Imos xogar do revés

Xogar e xogar e volver xogar, do revés, sempre do revés. Para adiantarte á celebración do Día Internacional do Xogo explícoche algo sobre a importancia de que os nosos peques xoguen moito e da forma máis libre posible. Imos aprender a mirar o mundo con ollos de neno/a e a descubrir novas realidades en obxectos cotiás. Imos xogar do revés, imos desfrutar da vida 🙂

Cinco razóns para ler Astérix cos teus fillos máis pequenos

O pequeno gran Astérix e o seu amigo Obélix nos acompañaron na nosa nenez, tamén o fixeron cos nosos pais e agora chega o turno dos nosos fillos. Cóntoche por que é boa idea achegar cómics de Astérix aos primeiros lectores e incluso aos peques que aínda non saben ler. Cinco razóns+ unha para ler estes cómics eternos cos teus peques máis peques.

Eloxio da anormalidade

Somos unha familia moi pouco normal, e a moita honra. Así que xa me cansei, e moito, de escoitar unha e outra vez a famosa frasecita.: “é que isto non é normal”. O normal non ten por que ser necesariamente bo e o “anormal”, en esencia, non ten absolutamente nada de malo. Vente a tomar un café ou unha caña e reflexionar un rato conmigo.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.