Aprender da natureza

9 / 3 / 2016 |

O ceo, a terra, os animais e moi pocos límites pero moi claros (todos relacionados coa seguridade), en este escenario e coa premisa de fomentar o xogo libre e a aprendizaxe na natureza nace a escola bosque Amadahi. Invitámoste a coñecela.

Lembras esa sensación que tiñas cuando eras pequena/o e te ías cos teus pais ao monte? Seguro que fuches algunha vez, fai memoria! Esa sensación de paz, emoción, mesturada coa liberdade máis absoluta e a necesidade de trepar, escalar e miralo todo? Agora imaxina un segundo unha escola na que o bosque é o aula, que che parece a idea? A María, Silvia e Paz pareceulles, sen dúbida, a mellor das ideas posibles a convertiron no seu proxecto de vida, Amadahi. Falamos con Paz Gonçalvez para que nos conte como naceu e medrou este soño.

A escola, tal e como nos conta, está pensada para nenas e nenos de 2 a 6 anos (etapa non obrigatoria da educación) e en ela se traballará “de unha forma diferente, baseada no arte, a exploración e sempre con materiais naturais. Os nosos proxectos se guiarán sempre polos intereses do neno e pola interactuación coa natureza. Por suposto, como en todo cole, teremos unha serie de rutinas que se irán implantando pouco a pouco, pero nunca saberemos exactamente a onde nos levará cada experiencia”.

Amadahi, escuela de bosque

Vivindo en un clima especialmente húmido e co inverno que estamos padecendo, a pregunta sobre a climatoloxía era inevitable. “Por suposto, teremos un refuxio no que quentarnos, comer e onde nos albergaremos sempre que a climatoloxía sexa adversa”, cóntanos Paz, “pero nós sempre dicimos que non hai mal tempo, hai mala roupa. Se vas ben preparada non tes por que ter problema á hora de desfrutar da natureza e, por suposto, guiaremos ás familias para que atopen roupa adecuada”.

Serán un grupo de 25 nenos con idades mesturadas e no que cada un marcará o seu ritmo e os seus límites. “Decidimos mesturalos porque consideramos que iso enriquece a todos, cultiva a paciencia dos maiores e estimula os peques. Así verán todos as aprendizaxes que podes adquirir de outras persoas e se respectarán más”.

No día a día, desde as nove da mañá ás 15.30 horas a profe actuará como acompañante respectando os límites e intereses dos alumnos. “Os educadores irán lanzando propostas”, explica Paz, “porque, por suposto temos unha serie de áreas que imos traballar de forma específica como retos motrices variados ou a lectoescritura, pero sempre traballando con materiais naturais e en espazos que provocan en eles unha reacción (ademais do propio bosque no que irán buscando distintas áreas seguras, tamén contarán con unha horta) polo que iremos deseñando materiais e accións en función do que demanden. Ordenamos as súas propostas e as presentamos de forma atractiva”.

De todo isto e moito máis se falará na presentación do proxecto ao público, o próximo día 17 de marzo, ás 18.30 nas Torres de Santa Cruz porque esta escola de bosque abrirá as súas portas (metaforicamente, claro) en Oleiros o próximo curso 2016-2017. Será unha escola na que se potencie o xogo libre “como oportunidade única de que os nenos constrúan os seus coñecementos e habilidades” e na que levarán á práctica tamén toda a súa experiencia en moitos anos de docencia e nas tribus que botaron a andar este curso con moito éxito.

Amadahi, escuela bosque

“Traballaremos en tres ámbitos que queremos que se retroalimenten”, explica Paz, “a formación de adultos, moi pensada para docentes na que xa temos estado traballando, a escola e as tribus”. Que que son as tribus? Estarás preguntándote a estas alturas, pois unha cita familiar coa natureza aberta a todas as idades. “Realmente, agora mesmo, hai moi poucas actividades programadas para que poida facer toda a familia”, explica, “e na tribu participan todos, desde os bébés, aos pais, pasando por nenos, preadolescentes e adolescentes. Todos atopan o seu sitio”.

Felices coa experiencia vivida en estes meses, o equipo da escola bosque amósase abrumado polo éxito da proposta “hai xente que se interesa para colaborar no proxecto e aprender aquí vivindo a centos e  centos de quilómetros”, nos conta, “e é que en España hai poucas posibilidades de participar en un proxecto así. Hai países nos que las familias poden escoller unha escola pública de método Montessori, escola de bosque, etc, pero aquí a situación é moi diferente e limitada”.

En estes meses foron notando “moitas ganas de cambiar nas familias, de buscar un tipo de educación diferente, alternativa”, explica, “hai máis interese pola educación emocional e por incorporar outros valores ao currículum educativo. Iso nos anima aínda máis a seguir adiante”. Bueno, iso, as ganas que lle ponen a ese soño que levan un tempo perseguindo e todo o que aprenden cada día cos nenos, por suposto.

Se estades interesados en ampliar información tedes todos os datos de contacto e o proxecto educativo da escola bosque na súa páxina web.

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Balance do primeiro ano do revés ou 2015 GRAZAS

Amor, ilusión, traballo, horas roubadas ao sono, carreiras de un lado a outro… Como resumir o meu primeiro ano do revés cando aínda non cumprimos ni un ano? Pois con un enorme GRAZAS e unha promesa, en 2016 seremos mellores, cambiaremos sempre para mellorar e poremos aínda máis ilusión e esforzo en todo para ti por ser ti 🙂

Todo o que xuraches non facer cando foras nai… e algunha propina

Eu nunca… Que non, que se teño fillos non van… Chisst!!!! Mellor quedar caladiñas e paralizar o cerebro en eses momentos nos que soltas esas perlas ao ver outras familias. Que non tes nin idea do que vas acabar facendo cando te pases as noites en vela, cando os peques choren coma tolos ou cando esteas desesperada porque non hai forma de que proben nin un pouquiño de comida sólida… Todos eses “EU NUNCA” que rompimos desde que somos nais (e máis de un pai).

O idioma sec¡gredo dos avós

Un post cheo de maxia sobre a que non temos moita responsabilidade nin a autora, Paula Verde, nin eu mesma, ao editar o texto. Os únicos “culpables” son eles/as, os/as avós/as. Eses seres máxicos capaces de tecer un idioma de bics, apertas, miradas… Un idioma que se fala en do sostido combinado con unha pizca de sorrisos e un moito de complicidade con unha dose de chocolate e confidencias como ingrediente segredo.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.