Aprender do berce á lúa

2 / 9 / 2015 |

En O Mundo ao Revés somos amantes da lectura e queremos contaxiar o amor polos libros a todo o mundo mundial así que compartimos con vós un segredo a voces: a maravillosa colección para peques de Kalandraka, "Do berce á lúa".

Vimos hoxe a facervos unha confesión. Levamos tempo pensando en abrir unha sección mensual con recomendacións de libros que aínda non remata de coller forma pero, cando onte nos atopamos con un desastre caseiro que implicaba unha colección de libros empapada por unha peque DelRevés DoRevés á que lle encanta abrir grifos, soubemos que tiñamos que falarvos de este tema. Aínda hai apenas unhas semanas, ao quedar con unha amiga que ten un bebé vin nas súas maniñas un dos marabillosos libros de esta colección que é xa un clásico para peques “Do berce á lúa”, de Kalandraka.

Así que hoxe lles faremos unha homenaxe aos maltreitos supervivintes do naufraxio caseiro contándovos por que nos encantan e seguro que vos encantarán a vós.

Lúa, Crocodilo, Cinco e Violín son os nosos favoritos Del Revés Do Revés (os pobres damnificados na inundación) aínda que a colección a completan outras marabillas como Miau, ZapatoPaxariña de Papel e Piñeiro. De todos eles hai versión en castelán e en galego. Xa sabedes que para gustos, cores, así que vos convido a explorar a colección completa porque seguro que vos encantará se tedes peques de 0 a 4 anos por varias razóns que vos contamos rapidiño.

O primeiro de todo porque son libros pensados para mans pequenas, resistentes a golpes, estiramentos e traqueteos varios (aínda que non son impermeables por desgracia), facilmente manipulables e moi prácticos polo seu tamaño tamén para levar a calquera sitio.

As temáticas son sinxelas e universais e permiten unha aprendizaxe en temas básicos no desenvolvemento dun neno como as cores, os números, os sons, o espazo-tempo, as onomatopeias, etc

Pero o motivo principal do seu éxito é que se trata de libros sinxelos e moi atractivos, con ilustracións que o din todo porque, en realidade, os peques case case poden ler sen necesidade algunha de interpretar as combinacións de letras que acompañan ás imaxes (iso ao que chamamos palabras e frases…). Son perfectos para espertar o interese lector cando xa teñen alrededor de tres ou catro anos, pero lles engancharán desde bebés porque as súas rimas lles encantan e, ademais, os convirten en auténticas cancións, aquí vos deixamos tres exemplos.

A que son hfermosos? Ademais danvos algunhas ideas sobre formas nas que podedes “xogar” cos libros e aprender algo sobre as cores, recoñecer formas, dar renda solta á imaxinación… enganchar aos vosos peques á paixón lectora.

Se tedes nenos moi peques ou bebés cerquiña son unha forma fantástica de empezar unha biblioteca que lles esperte un auténtico amor polos libros, asegurámolo por experiencia. E se xa tedes os libros na casa, quizais esteades un pouco fart@s de tararear unha e outra vez as letras e esperamos tervos aportado algunha idea sobre como xogar e “traballar” con estas pequenas xoias.

Lúa, de Kalandraka, libros infantiles, literatura infantil

Compartir:

Tamén che pode interesar...

música, niño tocando música

Cando a música se esconde nos libros

Na víspera das Letras Galegas, un tema que tiña que pasar polo noso mundo ao revés da man da nosa colaboradora Sira González, o fenómeno dos libros-cd con música galega. Esa sorte de salvador para nais e pais con bo gusto e ganas de pasalo ben coa súa familia. Pequenas xoias que deben encher as estanterías das nosas casas sí ou sí.

Concertos en Familia 2016

Unha nota de axenda IMPRESCINDIBLE, os conciertos en familia, no Ágora e o Pazo da Ópera. Música clásica, ballet, danza contemporánea… Espectáculos dignos dos mellores escenarios do mundo e pensados para disfrutalos en familia.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.