A prevención do bullying empeza polos pais

10 / 2 / 2016 |

Nova colaboración da psicóloga Verónica Rey, de In &Out Psicología sobre un tema de actualidade que nos afecta a todos, o bullying ou acoso escolar. Como tratar de previlo, frealo e identificalo desde a casa.

Se en un fogar prima a violencia, a falta de comunicación e de respecto, é moi seguro que ahí se estea criando a un neno agresor ou a unha víctima de “bullying”.

“bullying” ou acoso escolar é o abuso repetido, no caso da escola, de un neno cara outro máis vulnerable . Trátase de un maltato constante que pode ser verbal, psicolóxica e física, que se pode dar tamén vía internet, en redes sociais (ciberbullying); e ademais, ten tres compoñentes básicas: o acosador, a víctima e o entorno.

bullying2

O neno acosador, ten múltiples características, pero resaltan a súa agresividade e impulsividade. Son persoas que buscan atención e amor, carencias que veñen desde casa, onde teñen como exemplo a unha nai ou pai violentos, e esa é a razón que os leva a seren agresivos cos seus compañeiros. Ademais, en moitos casos teñen unha idea distorsionada de liderazgo, que os fai gañar un falso respeto do seu entorno mediante o medo.

As víctimas de bullying, son persoas que carecen de habilidades sociais. “Non defenden as súas opinións nin dereitos persoais, non teñen capacidade de dicir o que pensan e deixan que decidan por eles; de autoestima baixa e posiblemente inmersos en unha familia autoritaria.

Outro factor moi importante é o ambiente en que se desenvolve a agresión. En un colexio, son os compañeiros quenes compoñen o contorno da víctima e acosador, eles poden denunciar ou ata festexar este tipo de violencia. Moitas veces o silencio dos espectadores ante o “bullying”, fomenta xerar máis violencia.

Os pais deben estar pendentes das conductas dos seus fillos, a comunicación é fundamental para recoñecer se un escolar é víctima ou acosador. Pero para evitar que este tipo de situacións continúen, é importante que os proxenitores reforcen a autoestima dos seus fillos, e iso se logra mediante o afecto e recoñecemento das conductas positivas dos escolares.


Hai unha tendencia a culpar ao “neno malo” que causa o bullying como se esta actitude fora conxénita, sen fixarnos que as raíces de esta situación podrían estar nas actitudes dos propios pais. Por exemplo,
se os pais se focalizan só en cultivar a autoestima,  felicidade e logros dos seus propios fillos, ignorando as necesidades que teñen os outros nenos,  axudarán pouco aos seus fillos a asumir responsabilidades e dar a cara polas necesidades dos demáis.

bullying3

A denuncia é importante para terminar co “bullying” nos colexios. Os profesores tamén cumpren un rol importante en este fenómeno social, pero son os pais, quenes teñen nas súas mans formar un neno seguro, ou todo o contrario.

E que facer se o teu fillo sufre acoso escolar? Se o teu fillo sufre acoso escolar fala con él, e comprométete a axudalo a resolver este problema. Os pais sempre deben crer no relato do seu fillo e apoialo. Non deben quitar importancia ao asunto, nin culpar á víctima. Todavía hoxe o principal problema dos nenos acosados é que non lles cren, ou trivializan o que contan e sofocan o relato do neno. Isto é moi grave porque o fogar é o único lugar onde o neno pode contalo, pero ás veces os pais sufren ou lles xera anguria e non queren saber, e o despachan con un ‘Pois pégalles ti máis forte'”.

Compartir:

Tamén che pode interesar...

O espacio para nenos. Actividades e experimentos

Un pouco de astronomía, de enxeñería aeronáutica e de experimentación. Lévote o espacio á túa bañeira, para que os peques chapoteen entre Marte e Xúpiter. O colocamos no salón da túa casa, en unha caixa de actividades ou quizáis prefiras iluminarlo en unha mesa de luz… Imos aprender sobre o espacio de maneira divertida.

Consellos para organizar a mochila dos peques (con sorpresa)

Douche catro consellos que che axudarán a ter sempre ben organizada a mochila dos teus peques e tráioche un sorteo para que consigas unha mochila ultra molona de Déglingos. A que ti e o teu peque elixades. Calquera de elas te conquista a primeira vista, lávase na lavadora e son tan alegres e coloridas que combinan con todo.

Kaw shop, unha tenda un pouco do revés

Preséntoche uno de mis últimos descubrimientos online, la tienda kawshop, en la que se toman muy pero que muy en serio a los niños. Saben muy bien que no jugar es demasiado importante como para tomárselo a broma. Ah, y pásate por facebook e instagram para participar en el sorteo que te traemos con ellos.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.