De cando no norte… vivimos

21 / 5 / 2018 |

Pasou o día, pasou a romería, di o refrán. Mais non hai días bos ou malos para falar dende o corazón e a alma, dende a verdade. Mil primaveras máis para a nosa lingua. Hoxe saio do armario e che pido perdón, aínda sen merecelo.

Vivamos en galego

Tarde, para variar. Chego tarde, mais agardo que non mal nin demasiado “arrastro”. 17 de maio, Día das Letras Galegas. Data sinalada no calendario que pasei enferma e ateigada de dor na cama. Non puiden escribir este post que tiña que ter publicado non xa ese día, senón hai moitos meses. No momento en que o mundo se me botou enriba, en que a vida se me comeu o tempo coma un tsunami e non fun quen de sacar máis recunchos de horas para seguir a publicar todos os meus contidos en castelán e en galego.

Seguro que moit@s xa vos decatastes de que, dende o ano pasado, os meus posts só se publican en castelán, así que vos debía este post desde a sin razón. Tiven que escoller e fíxeno. E, malia todo, non mo botastes en cara, seguistes aí, aínda que incumprise un dos meus principios. Vivir en galego. Sí, agora sei que seredes moit@s tamén @s que vos botedes as mans á cabeza, mais é así como vivo, ou como intento facelo, todos os días da miña vida. Ou, mellor dito, en realidade, simplesmente, intento que vida flúa, que todo teña sentido, sen máis.

Di Guadi Galego no tema que me trouxo de novo todo isto á cabeza o pasado día 17 de maio que “o norte equipara a beleza coa melancolía. O norte é poema en sí mesmo. É perfume e canción”. E se é así, benqueridiñ@s, é por obra e graza de todo o que somos, o que fomos e o que seremos. A parte boa é que aínda estamos a tempo de decidir o que seremos.

Por iso eu decidín hai uns 20 anos non odiar ningún idioma. Abrazalos todos, todiños e apertar con tenrura a riqueza que nos ofrecen, as portas que nos abren. Eu, educada en castelán, na Coruña, por pais galego falantes (que o disimulaban sempre que podían), decidín na miña vida universitaria que non quería usar un só idioma o resto da miña vida dándolle as costas á lingua dos meus pais, dos meus avós, da miña terra. A lingua que recolle boa parte do que somos. “Galicia somos nós, a xente e máis a fala. Se buscas a Galicia, en ti has de atopala” dicía o gran Manuel María.

Vivamos en galego

De cando no norte… respiramos, soñamos, vivimos

E eu non sei quen son nin quen serei, nin sei en que rematará a miña vida, mais teño moi claro que prefiro sementar amor, ledicia e coñecemento, que prefiro legarlles aos meus fillos a riqueza dunha lingua tan fermosa e rica, tan chea de NÓS como a nosa. Por iso decidín darlle a volta á historia e usar o galego como única lingua de comunicación cos meus fill@s, nunha especie de brincadeira ao pasado.

Os meus pais, educados en galego, trataron de disimular o seu legado, a súa esencia nun momento en que o galego se demonizaba e asociaba a ignorancia e falta de formación. Trinta e tantos anos máis tarde, a miña parella e máis eu decidimos falarlles en galego aos nosos fillos, sabedores de que poucos referentes nese idioma van ter ao seu redor.

Por iso sentía que tiña que vir a contárvolo agora que vexo imposible recuperar o tempo para seguir a publicar en dous idiomas. Porque para o señor don google o galego é un cero á esquerda, máis os ceros poden cambiar de posición nun sopro.

Sen máis, sen sermóns nen desculpas posibles polas miñas decisións dos últimos meses. Só a verdade. A vida. A mesma que me fixo tomar un día tantas decisións máis ou menos atinadas. Esa vida chea de incoherencias coas que temos que lidiar coa cabeza ben alta.

Por iso e porque ao escoitar e ver a Guadi Galego e a Guille Fernández no show de Andreu Buenafuente o xoves pasado sentín a irrefrenable necesidade de pasarme por aquí a contarvos todo isto. Porque a música explícao todo moitísimo mellor.

Porque, como conta Guadi en este temazo, “aquí o reduto é diverso, non hai etiquetas”. Así que, non se etiqueten, nin me etiqueten. Deixémonos sorprender e vivamos abrazando as linguas como o que son, un vehículo que nos une, sempre que lles permitamos facelo, claro.

Dádelle caña ao volume, por favor.

Letra de Cedeira

Os egos da revolución visten roupa cinguida,
escalas en modo maior copan todos os shows.
Describen un mundo invisible
partido por catro,
prometen que os demos e os anxos
son da mesma cor.

Aquí o reduto é diverso, non hai etiquetas;
se cadra, diría Pedreira, o da xubilación.
Poder deitarse e deixar que a vida te agache,
e nós en silencio escoitando este o noso son.

Imos tan xuntiñas pola beira da canción,
prenden candeas, rompen as ondas.
Imos devagar paseando en plural,
calma e serena que medre a area e o mar.

O norte equipara a beleza coa melancolía
o norte é poema en si mesmo,
é perfume e canción.

Que poidas cantar ou lembrar esta suave habaneira,
na praia de Rinlo, en Cuba,
ou mesmo en Cedeira.

Deixarse levar pola luz que desmonta as ideas,
tratar polo miúdo as cadeas,
pensar que ser libre é ser máis.

Vivir asubiando a modiño a nosa habaneira,
deixarse levar pola luz que desmonta as ideas,
que poidas cantar ou lembrar esta suave habaneira
na praia de Rinlo, en Cuba,
ou mesmo en Cedeira.

Deixarse levar pola luz que desmonta as ideas,
tratar polo miúdo as cadeas,
pensar que ser libre é ser máis.

Vivir asubiando a modiño a nosa habaneira,
deixarse levar pola luz que desmonta as ideas,
que poidas cantar ou lembrar esta suave habaneira

Vivir asubiando a modiño a nosa habaneira,
Vivir asubiando a modiño a nosa habaneira…

 

Compartir:

También te puede interesar...

A construir, Nada de nada, cuentos para cuidar el mundo

Cuentos para cuidar el planeta

Apenas unos pocos árboles, apenas una brisa que te roza la cara, quizás tan sólo un trozo de plástico que se te ha caído en la playa o puede que en realidad sea algo ínfimo, como un pajarito que ya no tiene donde hacer su nido. Pequeñas grandes acciones, maneras de percibir el mundo que marcan o podrían marcar la diferencia entre un presente dudoso, en el que nuestro planeta vive en un peligro constante y un futuro en el que nuestros/as hijos/as pueden cambiarlo todo. Poco a poco, de acuerdo, pero todo…

Música desde la cuna, peque del revés con el acordeón

Música desde la cuna

Todo un honor y un gustazo aprender durante un fin de semana con la creadora de Música in culla. Música desde la cuna, la música como medio para acompañar a los pequeños a desarrollarse y comunicarse. Un lenguaje más que ya dominan desde la cuna con mil y una posibilidades de estimulación siempre a través del juego. ¿Te vienes conmigo a descubrirlas? Iremos hasta Italia y mucho más allá…

colección Maurice Sendak de Kalandraka

Libros para aprender las letras y los números… y un poco de magia

Pequeñas grandes joyas. Algunos libros clásicos que se reeditan como los de Maurice Sendak, pequeñas piezas de colecciones para bebés y otros libros que deberían estar en la biblioteca de cualquier casa del revés que se precie. Vamos a aprender los números, las letras, los meses del año y algunas cosas más con esas joyas que están al alcance de todos (recuerda que las bibliotecas son tus amigas): LOS LIBROS.

¿Te interesa colaborar con nosotros? Cuéntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias y de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas su uso.